Década de 930
Primeiro milenio | |||||
Século X | |||||
| |||||
|
930
- Artigo principal: 930.
Europa
- Francia: O rei Raúl I de Francia derrota aos normandos na Batalla de Estresse.
- Escandinavia: Reformas de Ulfjotr e creación do Parlamento (o máis antigo), o althing, e a reorganización dos thing de distrito baixo o control dos Godar. Constitúese unha especie de república dirixida por algo parecido a unha asemblea aristocrática ("fridharöld", a "Idade da Liberdade", 930-1150).
- Fundación do Alþingi, parlamento nacional de Islandia.
Mundo árabe
- Os Cármatas de Abu Tahir saquean Meca, levando con eles a pedra negra da Kaaba, será devolta a cambio dun rescate dúas décadas máis tarde (952)
Asia
- O emperador Suzaku ascende ao trono do Xapón.
- O estado illa Coreano independente de Usanguk convértese en protectorado de Goryeo.
- O exército de Goryeo derrota a Hubaekje na Batalla de Gochang.
931
- Artigo principal: 931.
- 6 de novembro: Ramiro II é coroado rei de toda Galiza.
- Eric Bloodaxe convértese no segundo rei de Noruega.
932
- Artigo principal: 932.
- Decreto de conversión obrigatoria para os xudeus do Imperio Bizantino. Os xudeus inician un éxodo masivo, para se refuxiaren entre os xázaros, no Principado de Kíiv.
- Comeza o reinado de Ramiro II, rei de Galiza (até 950).
- 16 de agosto: O mosteiro de Cambre é doado ao de San Paio de Antealtares.
933
- Artigo principal: 933.
934
- Artigo principal: 934.
Arte e cultura
- O xudeu Saadia ben Joseph Al-Fayumí escribe Leis da Lei e da Razón.
935
- Artigo principal: 935.
- Fundación de Alxer (< Al-Jazirat = as illas) por Bologuin, xefe sanhaja.
- Piratas sarracenos saquean a cidade italiana de Pisa.
936
- Artigo principal: 936.
Arte e cultura
- Abd ar-Rahman III inicia a construción de Medina Azahara nos arredores de Córdoba.
937
- Artigo principal: 937.
- San Rosendo funda o que había de se converter no Mosteiro de Celanova.
- Batalla de Brunanburgh - O rei inglés, Aethelstan, vence unha coalición de escoceses, galeses e noruegueses.
938
- Artigo principal: 938.
939
- Artigo principal: 939.
- Vietnam independízase da China.
- Landulfo I de Benevento asocia ao trono de Capua e Benevento ao seu fillo Landulfo II.
- Ramiro II de León vence as tropas musulmás de Abd-ar-Rahman III na batalla de Simancas.