Cullera
Cullera é un municipio da Comunidade Valenciana que se atopa na comarca da Ribera Baixa.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | provincia de Valencia | ||||
Comarca da Comunidade Valenciana | Ribera Baixa | ||||
Capital | Cullera | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 23.753 (2023) (441,51 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 53,8 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo e Río Xúcar | ||||
Altitude | 2 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 46400 e 46408 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 46105 | ||||
Código ARGOS de concellos | 46105 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | cullera.es |
Xeografía
editarO municipio situado na ribeira do río Xúcar e xunto ao mar Mediterráneo, atópase a preto de 40 km da capital Valencia. Accédese a esta localidade dende a Cap i Casal tomando a V-31 e posteriormente a N-332 e despois de pasar Sueca virar á esquerda para seguir pola CV-5040.
Cullera, xunto cos termos municipais de Valencia, Alfafar, Sedaví, Catarroja, Massanassa, Albal, Beniparrell, Silla, Sollana, Sueca, Albalat de la Ribera e Algemesí, forma parte do Parque Natural da Albufeira. Nesta localidade desemboca o río Xúcar, irrigando o termo municipal de Cullera enteiro, mediante un sistema de regadío deseñado na época de dominación musulmá. O Xúcar tamén irriga practicamente toda a comarca da Ribera Baixa. Á parte do río Xucar, tamén existe a lagoa de L'Estany, situada na parte sur do termo municipal con desembocadura no mar, este é un lugar de pesca habitual.
Ao norte e nun recuncho da montaña, atópase a balsa de Sant Llorenç, este é un gran estanque rodeado de canas e coa fauna autóctona do Parque Natural da Albufeira. O termo municipal de Cullera esténdese ao longo dunha chaira, cuxa única elevación é a Muntanya de les Rabosses (montaña das Raposas), cunha altura máxima de 233 m, sendo o último contraforte do Sistema Ibérico antes de chegar ao mar. O nome da montaña débese a que nunha época habitaban moitos coellos, facendo que tamén se atopase o raposo no mesmo hábitat; nos últimos tempos por mor da especulación urbanística e a explotación turística de cando en cando adoita verse algún raposo, excepto en contadas ocasións. Desta montaña cabe destacar que pola súa situación xeográfica, desde a cal se controlan todos os arredores, sempre estivo habitada e utilizada como atalaia, feito constatado polo castelo musulmán reformado máis tarde polos cristiáns, e a principios do século XX volta a reformarse para albergar un santuario, moito máis recente é o forte na parte máis elevada da montaña, que data da época das guerras carlistas.
Barrios e pedanías
editarNo termo municipal de Cullera sitúanse os seguintes núcleos de poboación:
- Sant Antoni de la Mar
- El Far
- El Dosser
- El Brosquil
- El Mareny de Sant Llorenç
- El Marenyet
- L'Estany
- El Racó
- La Bega
- El Port
- El Raval de Sant Agustí
- La Vila
Localidades limítrofes
editarO termo municipal de Cullera limita cos de Sueca, Corbera, Fortaleny, Llaurí, Favara, Polinyà de Xúquer e Tavernes de la Valldigna.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Cullera |
- País Valencià, poble a poble, comarca a comarca, de Paco González Ramírez.
- Secció "Poble a poble" do Diari Parlem.
- Institut Valencià d'Estadística.
- Portal da Direcció General d'Administració Local da Generalitat.