Cubilledo, Baleira
Santiago de Cubilledo é unha parroquia do concello lugués de Baleira. Limita coas parroquias da Braña, Fonteo, Librán, A Fontaneira e A Lastra, xunto co concello da Fonsagrada. Pertence ó arciprestado de Valdepedroso, e tiña 101 habitantes en 2013 agrupados en 16 entidades de poboación, cunha densidade media de 4 hab/km². A súa altitude media é de 530 m.
Cubilledo | |
---|---|
Vista desde Trembedo | |
Concello | Baleira[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°03′00″N 7°13′00″O / 43.05, -7.21666667 |
Área | 24,54 km² |
Poboación | 78 hab. (2019) |
Densidade | 3,18 hab./km² |
Entidades de poboación | 16[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
As entidades de poboación son as seguintes: A Andoriña (2), Cabreira (9), Castrelo (1), O Castro (13), Cubilledo (1), Esgrade (7), A Espiña (abandonada), Ladride (2), Padornelo (4), O Real de San Paio (3), San Paio (10), Suagranda (1), Trembedo (6), Os Vilares (3), Vilarín de Cubilledo (30) e Vilauriz (9).
Patrimonio
editarNo lugar do Castro hai unha casa que polo seu aspecto pode ser o que queda dunha torre que existiu no mesmo lugar, e que pertencía á xurisdición señorial do conde de Amarante.
Igrexa parroquial
editarFoi construída ó longo dos séculos XVIII e XIX. A planta é de cruz latina, dunha soa nave rectangular. O presbiterio é rectangular e de pequenas dimensións, ó que se adosa na parte posterior a sancristía, tamén de planta rectangular. Na portada principal ten un alboio de planta rectangular. Os muros son de cachotaría e perpiaño de granito e lousa, e a cuberta de lousa a dúas, tres e catro augas. O arco triunfal é de medio punto, ó igual que os dous que delimitan as capelas laterais, que son cadradas e de reducidas dimensións. Tanto a porta lateral coma a principal son alinteladas, esta última cuberta cun cuberto rectangular, delimitado por tres arcos de medio punto, un deles cego. Culmina no frontis unha espadana de dous corpos, con dous vans no inferior e un no superior.
Galería de imaxes
editar-
Igrexa parroquial
-
Parte frontal
Capela de Cabreira
editarÉ unha pequena capela de planta rectangular e dimensións reducidas. Os muros que a conforman son de cachotaría e lousa, e a cuberta é do mesmo material a dúas augas. No interior non conserva ningún retablo, só unha imaxe moderna da Divina Pastora.
Capela de Castrelo
editarÉ unha pequena capela de planta rectangular e dimensións reducidas. Os muros que a conforman son de cachotaría de lousa, e a cuberta é do mesmo material a dúas augas. No interior conserva un retablo de estilo barroco.
Capela do Castro
editarÉ unha pequena capela de planta rectangular, con ábsida da mesma forma e unha única porta de acceso. Os muros son de cachotería de lousa, e a cuberta é do mesmo material a dúas e catro augas. A portada é alintelada e remata no frontis cunha espadana dun só van. Conserva no interior un retablo de estilo neoclásico.
Capela de Vilarín
editarÉ unha pequena capela de planta rectangular e dimensións reducidas. Os muros que a conforman son de cachotería de lousa, e a cuberta é do mesmo material a dúas augas. A portada é alintelada, e conserva no interior un retablo moderno no altar maior.
Capela de Vilauriz
editarÉ unha pequena capela de planta rectangular e dimensións reducidas. Os muros que a conforman son de cachotería de lousa, e a cuberta é do mesmo material a dúas augas. A portada é alintelada e sen retablo no interior.
Lugares e parroquias
editarLugares de Cubilledo
editarLugares da parroquia de Cubilledo no concello de Baleira (Lugo) | |
---|---|
A Andoriña | Cabreira | Castrelo | O Castro | Cubilledo | Esgrade | A Espiña | Ladride | Padornelo | O Real de San Paio | San Paio | Suagranda | Trembedo | Os Vilares | Vilarín de Cubilledo | Vilauriz |