Cristina Cid
política galega do BNG
María Cristina Cid Fernández, nada en Allariz o 2 de setembro de 1970, é unha política galega do BNG, alcaldesa de Allariz.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Cristina Cid Fernández 2 de setembro de 1970 (54 anos) Allariz, España |
Alcaldesa de Allariz | |
2018 – ← Francisco García Suárez | |
Actividade | |
Ocupación | política |
Traxectoria
editarConcelleira de Allariz dende 1995. Foi concelleira de Turismo, Participación Cidadá e Comercio e despois de Promoción Económica, Turismo e Comercio. Levou a xestión da empresa pública Reatur SA.[1] En xuño de 2018, sendo a primeira tenente de alcalde, e coa idea de encabezar a candidatura nacionalista en 2019, pasou a ser a alcaldesa logo da dimisión de Francisco García.[2] Nas municipais de 2019 revalidou a alcaldía[3] con maioría absoluta, ó igual que nas seguintes eleccións de 2023.
Vida persoal
editarFoi parella de Anxo Quintana, con quen tivo dous xemelgos en 2006, Xabier e Lía[4].
Notas
editar- ↑ "Cristina Cid Fernández". Linkedin. Consultado o 21 de febreiro de 2019.
- ↑ Fernández, Laura (22 de xuño de 2018). "Cristina Cid toma el testigo de García en un cálido pleno". La Región (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2019.
- ↑ "Allariz". fegamp.gal. 10 de xaneiro de 2023. Consultado o 29 de maio de 2023.
- ↑ Juan Calvo (24 de febreiro de 2006). "La familia Quintana, en sociedad". Faro de Vigo (en castelán).
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- "Francisco García dá paso a Cristina Cid ao fronte da Alcaldía de Allariz". Sermos Galiza. 8 de xuño de 2018. Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2018. Consultado o 15 de xuño de 2018.
Predecesor: Francisco García Suárez |
Alcaldesa de Allariz 2018 - actualidade |
Sucesor: no cargo |