Crónica mozárabe
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A Crónica Mozárabe ou Crónica do 754 (en latín: Continuatio Hispanica) é unha crónica medieval, escrita no século VIII na Península Ibérica, presumiblemente en Toledo,[1] que pretende ser unha continuación da "Historia de regibus Gothorum, Vandalorum et Suevorum" de Isidoro de Sevilla, aínda que dunha calidade moito menor.
O contido apenas dá información sobre os feitos dos visigodos na península pero dá moita información do acaecido en Oriente, sobre todo no relacionado co Imperio Bizantino e a expansión omeia.
Notas
editar- ↑ Collins (2005), p. 262
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- López Pereira, José Eduardo, ed. (1980). Cronica Mozárabe de 754 (en castelán). Anubar. ISBN 84-7013-166-4.
- Collins, Roger (2005). La España visigoda 409-711. Serie Mayor (en castelán). Barcelona: Crítica. ISBN 9788484326366.