[go: up one dir, main page]

Club Deportivo Puertollano

O Club Deportivo Puertollano é un club de fútbol da localidade de Puertollano, en Cidade Real. Este club foi fundado o 24 de setembro de 1948 co nome de Calvo Sotelo Club de Fútbol, denominación baixo a que chegou a militar en Segunda División.

Puertollano
NomeClub Deportivo Puertollano
Fundación24 de setembro de 1948 (76 anos)
EstadioCiudad de Puertollano,
Puertollano, España
Capacidade8.000
PresidenteEspaña Luis F. Pizarro
Adestrador Claudio Arzeno
Liga3ª – Group 18
2013–14
Na rede
http://www.udpuertollano.com/
Titular
Alternativo

Actualmente xoga no grupo XVIII da Terceira División Española.

Historia

editar

Calvo Sotelo Club de Fútbol

editar

O Club Deportivo Puertollano procede do club fundado o 24 de setembro de 1948 co nome de Calvo Sotelo Club de Fútbol, baixo as ordes da Empresa Nacional Calvo Sotelo, durante os seus dous primeiros anos militou na categoría rexional, nos cales foi o primeiro clasificado, ascendendo na tempada 1949-50 á Terceira División, na que militou durante catorce tempadas, obtendo o primeiro posto en cinco ocasións, aínda que non sería ata a tempada 1963-64 cando conseguiu o ascenso á Segunda División.

Durante as seguintes sete tempadas mantívose en Segunda División, chegando a xogar o play-off de ascenso a Primeira División tras quedar segundos na tempada 1967-68 e perder ante o Córdoba. Pero na tempada 1970-71 o equipo descendeu a Terceira División, volvendo recuperar a categoría tras a tempada 1974-75, pero perdéndoa, descendendo a Segunda División B tras quedar últimos na tempada 1977-78.

Mantívose en Segunda División B seis anos, ascendendo na tempada 1983-84 a Segunda División, aínda que non conseguiu manterse na categoría ao ano seguinte, volvendo a Segunda B, e debido á reorganización da división descendeu a Terceira División, a pesar de quedar oitavos.

Puertollano Industrial

editar

Durante os seguintes anos, as débedas, a baixa asistencia e o abandono por parte de Repsol do club, fai que se entre nunha época de decadencia, é ao comezar a tempada 1988-89 (o día 10 de outubro) cando se cambia o nome do equipo polo de Puertollano Industrial Club de Fútbol, buscando o apoio da poboación de Puertollano, con todo, non se conseguiu un apoio constante por parte desta, e ademais, durante a seguinte tempada acabouse en último posto, descendendo ata a división rexional, onde só estivo unha tempada, ascendendo ao ano seguinte.

O equipo continuou en Terceira División oito tempadas baixo a denominación de Puertollano Industrial, conseguindo en 1994 gañar a Copa Federación Española de Fútbol, torneo que se celebraba por primeira vez nesta data.

Unión Deportiva Puertollano

editar

No ano 1999 reorganízase o club coa unión do Puertollano Industrial C.F. co Puertollano C.F. (club que militaba nas divisións rexionais), pasándose a chamar Unión Deportiva Puertollano, e o segundo equipo sería o filial deste. Ademais co cambio de nome vólvese a gañar o campionato de Terceira División na tempada 1999-00, pero non sería senón ata seis anos despois, cun novo campionato e 94 puntos conseguidos (con só dúas derrotas), cando se gañan os Play-Offs de ascenso a Segunda División B, onde actualmente milita.

Club Deportivo Puertollano

editar

O 3 de xullo de 2010 apróbase o cambio de denominación a Club Deportivo Puertollano.[1]

Uniforme

editar
  • Uniforme titular: Camiseta, pantalón e medias azuis con bandas brancas e serigrafía branca.
  • Uniforme alternativo: Camiseta branca, pantalón vermello e medias brancas, con serigrafía negra.

Datos do club

editar
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 11
    • Mellor posto en : 2º (67-68)
    • Peor posto en : 20º (77-78)
  • Tempadas en 2ªB: 12
    • Mellor posto en 2ª B: 2º (83-84)
    • Peor posto en 2ª B: 13º (80-81, 82-83 e 07-08)
  • Tempadas en : 37
    • Mellor posto en : 1º (58-59, 60-61, 61-62, 62-63, 63-64, 74-75, 99-00 e 05-06)
    • Peor posto en : 20º (89-90)
  • Tempadas en Categorías rexionais: 3 (48-49, 49-50 e 90-91)
    • Mellor posto en Categorías rexionais: 1º (48-49, 49-50 e 90-91)

Xogadores

editar
Categoría principal: Xogadores do CD Puertollano

Xogadores 2009/10

editar
Posto País Xogador
1 POR España  Calleja
2 DEF España  Ormazabal
3 DEF España  Germán
4 DEF España  Raúl Fernández
5 DEF España  Eloy Pomar
6 MED España  Raúl Medina
7 DIA España  Ortiz
8 MED España  Valdés
9 DIA   Addison
10 DIA España  Honorio
11 MED España  Encinas
12 DEF   Vinicius
Posto País Xogador
13 POR España  José Antonio
14 MED España  Casabella
15 MED España  Hernández
16 MED Francia  Gomis
17 MED España  Acorán
18 MED España  Brenes
19 DIA España  Rafa Belda
20 MED Francia  Mendy
21 DEF España  Pelegrina
22 DIA España  Carlos Ureña
24 DEF España  Martín Baquero

Adestradores

editar

Palmarés

editar

Torneos nacionais

editar
  1. La Comarca de Puertollano (4 de xullo de 2010). "A UDP morreu ¡Viva o Club Deportivo Puertollano!". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2012. Consultado o 16 de setembro de 2010. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar