[go: up one dir, main page]

Cornucopia é unha imaxe da mitoloxía grega e posteriormente incorporada á latina asociado á abundancia e fertilidade. Hogano fai referencia á agricultura e ao comercio.

Monumento cunha cornucopia.

Etimoloxía

editar

Do latín cornu copiae ou "corno copioso", de cornu ou corno e copiae ou copioso, abondoso.

A cornucopia foi un agasallo de Zeus á cabra (segundo outras tradicións ninfa) Amaltea, que segundo a tradición coidouno e o aleitou durante a súa infancia. Nunha escena de xogo de Zeus (ou Xúpiter na mitoloxía latina) na súa infancia rachoulle sen intención un corno a Amaltea e como compensación o corno que rachara pasou a ser máxico e concedería todo o que o posuidor quixese.

Representacións

editar

As representacións orixinais eran o corno da cabra cheo de froitas e flores. Varias deidades, especialmente Fortuna, eran representadas co corno da abundancia. Pero é unha figura que aparece tamén en representacións máis modernas. Aparece frecuentemente nos murais do Día de Acción de Grazas onde aparece un cesto de vimbio con forma cornada cheo de froita e verduras. Noutras representacións é simplemente un cono curvo, oco e sen fondo aínda que tamén cheo de foitas.

 
Escudo de Colombia coas súas cornucopias na parte superior

A imaxe aparece tamén nos escudos de Colombia (onde aparecen dúas a primeira rebosante de froitas e flores exóticas típicas do país e a outra estrada de moedas de ouro) e Venezuela (onde aparecen tamén dúas cornucopias). Asemade aparecen nos escudos de Panamá e Perú aínda que unha única e chea de moedas de ouro.

A relación das cornucopias coa simboloxía de Suramérica non se limita á aparición da súa figura nos escudos dalgúns países ou dalgunha provincia. Debido á forma do estado de México e ás súas similitudes coa cornucopia, varios foron os mapas que disimulaban a cartografía nun corno da abundancia rebosante de froitas.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar