[go: up one dir, main page]

Confinamento magnético

O confinamento magnético consiste en conter material en estado de plasma dentro dunha botella magnética, que é un campo magnético ao que se lle dá unha forma determinada para que as partículas positivas ou negativas que compoñen o plasma fiquen dentro da devandita botella. Isto acádase grazas á forza de Loretz, que di que unha partícula cargada que se move dentro dun campo magnético experimenta unha forza perpendicular ao vector do campo magnético e ao vector desprazamento, co que conseguimos que a partícula non abandone o campo.

O estado de plasma é un estado de agregación da materia no que a axitación térmica é capaz de vencer a atracción eléctrica que sofren os electróns polos núcleos atómicos.

O confinamento magnético é útil porque nos permite quentar materia a temperaturas ás que ningún recipiente material se mantería en estado sólido. Este fenómeno tamén se atopa na natureza nos chamados cintos de Van Allen que nos protexen do vento solar.

Véxase tamén

editar

Este artigo tan só é un bosquexo 
 Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.