[go: up one dir, main page]

Comarcas de Cataluña

artigo de listas da Wikimedia

As comarcas de Cataluña (en catalán: comarques) son a actual división do territorio da comunidade autónoma de Cataluña, en España.

División comarcal actual de Cataluña

Ten a súa orixe nun decreto da Generalitat de Cataluña do ano 1936, que tivo vixencia até o 1939 cando foi suprimida polo franquismo. Posteriormente, retomouse en 1987 tras a restauración da democracia, en 1988 engadíronse tres comarcas (Pla de l'Estany, Pla d'Urgell e Alta Ribagorça) e en 1990 modificouse algún límite territorial. En 2015 engadiuse a comarca histórica do Moianès.

Hai 42 comarcas en Cataluña, co seu goberno e administración dirixidos polos consellos comarcais (consells comarcals) agás o Val d'Aran, considerado entidade territorial singular e xestionado polo Consello Xeral de Arán.

Orixes

editar

A división comarcal de Cataluña de 1936 foi unha división territorial administrativa establecida por decreto pola Generalitat de Cataluña o ano 1936 que dividía o territorio en 38 comarcas e 9 supercomarcas ou vigairías (vegueries). A división aprobouse a partir dos estudos feitos polo relatorio creado ad hoc en 1932, formado, entre outros, por Pau Vila, Antoni Rovira i Virgili, Josep Iglésies etc. No ano 1939, ao termo da guerra civil española, foi abolida polo réxime de Franco.

División actual

editar

Foron restablecidas de novo en 1987 a Generalitat adoptou de novo esta división territorial, modificándoa en 1988 para engadir o Pla de l'Estany, o Pla d'Urgell e a Alta Ribagorça, en 1990 para modificar algún límite territorial e de novo en 2015 para engadir o Moianès.

A maioría das comarcas están circunscritas a só unha provincia, coas únicas excepcións de Berguedà, Osona, Selva e Cerdanya. Aínda que en realidade Vall d'Arán non ten status de comarca (e polo tanto consello comarcal; ten en cambio o Conselh Generau d'Aran), inclúese nesta táboa para completar o espazo territorial da comunidade autónoma. A Cataluña do Norte en Francia tamén se adoita dividir xeograficamente en cinco comarcas (que xunto con Fenolleda conforman o departamento francés de Pireneos Orientais), aínda que non teñen carácter oficial.

Comarca Poboación Extensión (km²) Capital Provincias
Alt Camp 33.635 544,7 Valls Tarragona
Alt Empordà 99.321 1.342,4 Figueres Xirona
Alt Penedès 80.976 592,4 Vilafranca del Penedès Barcelona
Alt Urgell 19.105 1.446,9 La Seu d'Urgell Lleida
Alta Ribagorça 3.477 426,8 El Pont de Suert Lleida
Anoia 93.529 866,6 Igualada Barcelona
Bages 184.403 1.299,1 Manresa Barcelona
Baix Camp 145.675 695,3 Reus Tarragona
Baix Ebre 66.369 987,9 Tortosa Tarragona
Baix Empordà 102.566 700,5 La Bisbal d'Empordà Xirona
Baix Llobregat 692.892 486,5 Sant Feliu de Llobregat Barcelona
Baix Penedès 61.256 295,5 El Vendrell Tarragona
Barcelonès 2 093 670 143,1 Barcelona Barcelona
Berguedà 37.995 1.182,5 Berga Barcelona e Lleida
Cerdanya 14.158 546,4 Puigcerdà Lleida e Xirona
Conca de Barberà 18.766 648,9 Montblanc Tarragona
Garraf 108.194 592,4 Vilanova i la Geltrú Barcelona
Garrigues 18.999 799,7 Les Borges Blanques Lleida
Garrotxa 47.747 592,4 Olot Xirona
Gironès 136.543 575,5 Xirona Xirona
Maresme 356.545 396,9 Mataró Barcelona
Moianès 12.878 335,2 Moià Barcelona
Montsià 57.550 708,7 Amposta Tarragona
Noguera 34.744 1.733,0 Balaguer Lleida
Osona 154.897 1.260,2 Vic Barcelona e Xirona
Pallars Jussà 12.057 1.290,0 Tremp Lleida
Pallars Sobirà 6.174 1.355,2 Sort Lleida
Pla de l'Estany 24.347 262,7 Banyoles Xirona
Pla d'Urgell 29.723 304,5 Mollerussa Lleida
Priorat 9.196 496,2 Falset Tarragona
Ribera d'Ebre 21.656 825,3 Móra d'Ebre Tarragona
Ripollès 25.744 958,7 Ripoll Xirona
Segarra 18.497 721,2 Cervera Lleida
Segrià 166.090 1.393,7 Lleida Lleida
Selva 117.393 995,5 Santa Coloma de Farners Barcelona e Xirona
Solsonès 11.466 998,6 Solsona Lleida
Tarragonès 181.374 317,1 Tarragona Tarragona
Terra Alta 12.196 740,0 Gandesa Tarragona
Urgell 31.026 586,2 Tàrrega Lleida
Vall d'Aran 7.691 620,5 Vielha - (Lleida)
Vallès Occidental 736.682 580,7 Sabadell e Terrassa Barcelona
Vallès Oriental 403.623 851 Granollers Barcelona

Propostas e reivindicacións

editar

O ano 2000, no Informe Roca, un equipo formado por Miquel Roca i Junyent e Jesús Burgueño, entre outros, propuxeron crear algunha comarca máis: Moianès (capital: Moià), aprobada polo Parlament de Catalunya o 15 de abril de 2015, Vall de Camprodon (capital: Camprodon), Selva Marítima (ou Marina) (capital: Blanes), Alta Segarra (capital: Calaf) e Segre Mitjà (capital: Ponts), ademais de dividir o Baix Llobregat en dous (a parte norte, o Baix Llobregat Nord, con capital en Martorell). Todos os casos son antigas reivindicacións comarcais.

Aínda J. Burgueño, o ano 2003, propuxo de crear tamén o Lluçanès (capital: Prats de Lluçanès), a Vall de Ribes (capital: Ribes de Freser), a Ribera de Sió (capital: Agramunt), a Baixa Segarra (capital: Santa Coloma de Queralt) e o Baix Montseny (capital: Sant Celoni), ademais cambiando os límites de varias comarcas.[1]

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar