Comunidade intencional
Comunidade intencional, tamén coñecida por asociativismo voluntario, primeiramente apuntada por Charles Fourier na constitución das comunidades intencionais coñecidas como falansterios, é considerada unha práctica libertaria e por algúns como unha forma de activismo, que procura crear espazos e comunidades autónomas, cuxo obxectivo principal é demostrar a posibilidade do anarquismo en canto práctica cotiá. Sitúanse principalmente fóra dos centros urbanos, aínda que tamén dentro.
Pode ser tamén, simplemente, denominado comunalismo e ten orixes anteriores en comunidades cristiás, que tamén se autodenominan comunistas, aínda que estivesen moi distantes dos conceptos marxistas de inicios do século XXI e moi próximas dos conceptos do anarquismo, practicamente idénticos aos seus, a non ser en relación á crenza relixiosa.
Falansterio
editarFalansterio era a denominación das comunidades intencionais idealizadas polo filósofo francés Charles Fourier. Consistían en grandes construcións comunais que reflectirían unha organización harmónica e descentralizada onde cada un traballaría conforme ás súas paixóns e vocacións.
Orixe
editarMáis que ningún outro pensador do seu tempo, Charles Fourier tratou de resolver todos os problemas da sociedade a través da elaboración dun complexo sistema de organización social no cal toda persoa, actividade ou cousa ocupaba anticipadamente un lugar ben determinado. Fourier partía da crenza de que o ser humano é intrinsecamente bo, porque é o depositario dunha harmonía natural que reflicte a propia harmonía do universo. O problema residía na sociedade existente, que impedía o desenvolvemento completamente libre das calidades do ser humano.
Nos inicios do século XXI
editarEn outubro de 2015, un censo feito pola "Fellowship for Intentional Community", indicaba a existencia de 2.717 comunidades intencionais en todo o mundo, das cales 463 serían ecoaldeas.[1][2]
Notas
editar- ↑ Ecovilas e Comunidades no Brasil, consultado o 28 de setembro de 2016
- ↑ Communities by Country, en inglés, consultado o 28 de setembro de 2016