Chen Ning Yang
Chen Nin Franklin Yang, nado en Hefei o 22 de setembro de 1922, é un físico chinés-estadounidense que traballou na mecánica estatística e os principios de simetría.
Aos 35 anos recibiu, xunto a Tsung-Dao Lee, o premio Nobel de Física pola súa teoría de que as interaccións débiles entre partículas elementais non tiñan paridade simétrica. Isto foi máis tarde verificado experimentalmene por Chien-Shiung Wu.
Yang é tamén recoñecido pola súa colaboración con Robert Mills para desenvolver unha teoría de gauge dunha nova clase. Esas teorías de Yang-Mills son agora unha parte fundamental do Modelo Estándar para física de partículas.
Traxectoria
editarRealizou os seus estudos en Pequín e Kamming. Recibiu o seu título da Universidade Nacional Asociada do Suroeste en Kamming en 1942. Dous anos despois estudou para máster na Universidade Tsinghua tamén en Kamming. Recibiu o seu título de doutor en Física en 1948 na Universidade de Chicago e permaneceu un ano como axudante de Enrico Fermi. En 1949 mudouse ó Instituto de Estudos Avanzados en Princeton e en 1965 á Universidade de Stony Brook.
Foi nomeado membro da Sociedade Americana de Física e da Academia Sínica e recibiu un doutoramento honorífico da Universidade de Princeton en 1958.
Casou en 1950 con Chih-li Tuh e tivo dous fillos e unha filla.
En 1999 retirouse da Universidade de Stony Brook para volver á Universidade de Tsinghua. A súa esposa morreu en 2003 e Yang, á idade de 82 anos, comprometeuse cunha moza física de 28 anos chamada Weng Fan con quen casou en 2005. Desde entón ten recibido moitas críticas da prensa chinesa.