Casuario
Casuario[1] é o nome vulgar das especies do xénero de aves estrutioniformes: Casuarius, na familia Casuariidae. Son aves de grande porte, nativas do nordés de Australia, Nova Guinea e as illas circundantes.
Casuarios (xénero Casuarius) | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Casuario común (Casuarius casuarius) | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Distribución das tres especies actuais
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
Casuarius casuarius |
Son, coa avestruz e o emú, as maiores aves existentes na actualidade. O hábitat preferencial do casuario son zonas de foresta tropical, onde haxa un gran número de árbores dispoñíbeis para producir os froitos dos que se alimentan. Neste ambiente o casuario desempeña a importante función ecolóxica de espallar as sementes das árbores. O casuario é unha figura importante na mitoloxía das poboacións nativas de Oceanía e representa xeralmente unha figura maternal.
A plumaxe do casuario é abundante e de cor cinsenta, con plumas coloridas na base do pescozo. Estas aves teñen unha crista encarnada no alto da cabeza, que crece devagar durante os primeiros anos do animal e con función descoñecida. O grupo non ten dimorfismo sexual significativo, sendo as femias apenas un pouco maiores e máis coloridas. Unha característica distintiva é a presenza dunha garra en forma de puñal presente na deda interna. Como nos outros strutioniformes, o casuario ten as ás atrofiadas e tres dedas en cada pata.
O casuario é unha ave áxil, que pode correr cerca de 50 km/h e saltar 1,5 m sen problema. Son animais normalmente calmosos e tímidos, porén poden ser extremadamente agresivos e perigosos para o home para protexer o niño ou as súas crías.
Na época de reprodución os machos reclaman un territorio e procuran atraer unha femia, que permanece apenas, até pór de entre 3 a 5 ovos. Após a postura a femia abandona o niño e pode eventualmente aparearse noutro territorio. Os machos coidan sós dos niños e dos pitiños durante os nove meses seguintes. Os pitos son de cor acastañada e só gañan a plumaxe típica do adulto contra os tres anos.
O casuario é unha ave importante para o home hai centos de anos coma fonte de proteína a través da carne e dos ovos. Algunhas tribos de Nova Guinea teñen o hábito de asaltar os niños e criar os pitos até a idade adulta, cando se venden para consumo local; con todo o casuario nunca foi completamente domesticado. As plumas coloridas son tamén motivo de interese e no pasado os colonos europeos cazaron abundantemente este animal por mor disto. Actualmente, as tres especies de casuario están ameazadas pola destrución do seu hábitat polo que están protexidas por lei. É unha das aves máis perigosas para o home, pois unha patada pode equivaler á mesma forza ca un pequeno puñal, podendo até cortar un membro.
Sistemática e evolución
editarVarias especies de casuario son abundantes no rexistro fósil do Plio-Plistoceno australiano e pénsase que terían evoluído a partir dos emús durante o Mioceno.
Mentres que as relacións filoxenéticas do resto dos paleognatos non foron aínda aclaradas, tanto os estudos moleculares como morfolóxicos coinciden en que os casuarios forman un clado cos emús.[2][3] Por outra banda, a posición deste grupo respecto dos outros paelognatos varía segundo as pescudsas de datos moleculares (as cales establecen o clado como o grupo irmán dos kiwis) e morfolóxicos.[4]
- Casuarius Brisson, 1760
- Casuarius casuarius (Linnaeus), 1758 (Nova Guinea e Queensland)
- Casuarius bennetti Gould, 1858 (Nova Guinea e Nova Bretaña)
- Casuarius unappendiculatus Blyth, 1860 (Nova Guinea)
- Casuarius lydekkeri[5] Rothschild, 1911 † (moraba en Nova Gales do Sur).
Notas
editar- ↑ Nome vulgar galego en Vocabulario ortográfico da lingua galega, A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004. En portugués recibe o nome de casuar.
- ↑ Harshman, J. et al. (2008) Phylogenomic evidence for multiple losses of flight in ratite birds Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.. PNAS 105:13462-12467.
- ↑ Hackett S. J. et al. (2008) A Phylogenomic Study of Birds Reveals Their Evolutionary History. Science 320(5884):1763-1768.
- ↑ Livezey, B. C. & Zusi, R. L. (2007) Higher-order phylogeny of modern birds (Theropoda, Aves: Neornithes) based on comparative anatomy. II. Analysis and discussion. Zool. J. Linn. Soc. 149:1-95.
- ↑ Rich, P. V., Plane, M., and Schroeder, N. (1988). A pygmy cassowary (Casuarius lydekkeri) from late Pleistocene bog deposits at Pureni, Papua New Guinea. Bur. Min. Res. Aust. Geol. Geophys. 10: 377-89.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Casuario |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Casuario |
- Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Casuarius (TSN 174387)" (en inglés).
- Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Casuariidae (TSN 174386)" (en inglés).
Ligazóns externas
editar- Vídeos de casuariosArquivado 12 de abril de 2016 en Wayback Machine. en Internet Bird Collection