Castrosante, A Pobra do Brollón
Santa Mariña de Castrosante é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. No ano 2011 tiña 33 habitantes (18 homes e 15 mulleres) e unha densidade de 6,6 hab./km². Isto supón un importante descenso respecto ó ano 1991, cando tiña 56. Na actualidade só está poboada a entidade de Castrosante, estando deshabitado o lugar de Alto de Santa Lucía.
Castrosante | |
---|---|
Alto de Santa Lucía | |
Concello | A Pobra do Brollón[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°34′41″N 7°24′15″O / 42.578022222222, -7.4040527777778 |
Área | 5 km² |
Poboación | 33 hab. (2011) |
Densidade | 6,6 hab./km² |
Entidades de poboación | 2[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Linda ao noroeste con Santalla de Rei, ao norte con Ferreiros, ao leste con Saa, ao sur con Cereixa e A Pobra do Brollón, e ao oeste con Eixón.
Patrimonio
editarConsérvanse algúns restos do antigo castro de Santa María, que foi destruído e que lle dá nome á parroquia.
A igrexa de Santa Mariña data do século XIX. Ten nave de planta rectangular, muros de cachotaría, cuberta a dúas augas con tellado de lousa. No interior conserva retablos con esculturas do s. XVIII. O 16 de febreiro de 2011 quedou parcialmente destruída despois dun tornado e aínda non foi rehabilitada.[2]
Festividades
editarAs festas da parroquia celébranse en agosto na honra a San Roque.
Galería de imaxes
editar-
Campo de fútbol Os Medos.
Lugares e parroquias
editarLugares de Castrosante
editarLugares da parroquia de Castrosante no concello da Pobra do Brollón (provincia de Lugo) | |
---|---|
Parroquias da Pobra do Brollón
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ "A igrexa de Castrosante leva un ano esperando ser rehabilitada logo de ser destruída por un tornado". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de febreiro de 2012.