Castro de Gondaísque
poboado fortificado en Vilalba
O Castro de Gondaísque ou Castro Grande é un castro situado no lugar do Castro, na parroquia de Gondaísque,[1] no concello lucense de Vilalba.
Castro de Gondaísque | |
---|---|
Parroquia | Gondaísque |
Concello | Vilalba |
Provincia | Lugo |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA27065239 |
Cronoloxía | |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
Accédese ao castro pola N-634 en dirección a Baamonde (collendo o primeiro ramal á dereita ata chegar á igrexa de Boizán), despois cara á dereita ata o lugar do Castro.
Descrición
editarAtópase nunha chaira irregular, consta dun recinto principal, de forma circular con varios foxos e parapetos. Ten dobre muralla defensiva. Presenta un amplo antecastro e os restos dunha vila romana ao seu carón (Vilar de Eimil).[2]
Arqueoloxía
editarNon se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non está visitable.
Notas
editar- ↑ siotuga.xunta.gal (ed.). "LUGPA007" (PDF). Consultado o 30 de agosto de 2024.
- ↑ "Santa María de Gondaísque na web do concello de Vilalba". vilalba.gal. Consultado o 30 de agosto de 2024.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |