Castro, Castro, Carballedo
Castro é un lugar da parroquia de Castro, no concello lugués de Carballedo, na comarca de Chantada.
Castro | |
---|---|
Carne ao caldeiro nun día de feira | |
Parroquia | Castro |
Concello | Carballedo |
Coordenadas | 42°31′54″N 7°47′05″O / 42.531694, -7.784812 |
Poboación | 136 hab. (2019) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Segundo o INE en 2016 o lugar contaba con 151 habitantes, 80 mulleres e 71 homes.
Toponimia
editarPatrimonio
editarA Igrexa parroquial de San Cristovo de Castro, situada en Castro, data da segunda metade do século XIX.[2].
As feiras en Castro celébranse o 17 e o 29 de todos os meses. En 2017 a xente achégase a comer o polbo e a carne, antes facíase unha boa feira de gando. Ao estar o xulgado do concello en Castro durante boa parte do século XX a xente aproveitaba o día da feira para inscribir os nenos e nenas que acababan de nacer; esa é a razón de que en Carballedo haxa moita xente que naceu oficialmente os 15/16 e 27/28 de cada mes.
Dise que Castro é o mellor lugar para comer a carne ó caldeiro[3], que se serve os días de feira en varios establecementos. Cada 3º domingo de abril celébrase na localidade a Festa da carne ó caldeiro [4].
En Castro naceu en 1969 Pablo Carpintero Arias[5].
Notas
editar- ↑ "Toponimia do Concello de Carballedo". ogalego.eu. Consultado o 09/10/2017.
- ↑ "Patrimonio relixioso". Concello de Carballedo. Consultado o 09/10/2017.
- ↑ "Carne ó caldeiro". recetasderechupete.com. Consultado o 09/10/2017.
- ↑ "Gastronomía". Concello de Carballedo. Consultado o 09/10/2017.
- ↑ "Instrumentos". Consello da Cultura Galega. Consultado o 09/10/2017.
Galería de imaxes
editarLugares e parroquias
editarLugares de Castro
editarLugares da parroquia de Castro no concello de Carballedo (Lugo) | |
---|---|
O Bañal | O Bosque | A Canteira | Castrelo | Castro | A Eirexe | Nande | Pepes | Portugalete | Puvieiros | Santa Baia | A Tapada |