[go: up one dir, main page]

Castor

xénero de mamíferos

O castor[1] é un mamífero roedor e semi-acuático, nativo de América do Norte e de Europa. É o único animal pertencente á familia Castoridae, que contén un único xénero, Castor. Hai dúas especies de castores: Castor fiber e Castor canadensis. Investigacións xenéticas mostraron que as poboacións de castores europeas e norteamericanas son distintas e que o cruzamento é improbable.

Castor
Rango fósil: Mioceno ata actualidade

Castor canadensis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Rodentia
Familia: Castoridae
Xénero: Castor
Linnaeus, 1758
Distribución do C. fiber.
Distribución do C. fiber.

Distribución do C. fiber.
Distribución do C. canadensis.
Distribución do C. canadensis.

Distribución do C. canadensis.
Fósiles do C. californicus
Fósiles do C. californicus

Fósiles do C. californicus
Especies

C. fiber
C. canadensis
C. californicus

Encoro feito por castores en Nesmith, Carolina do Sur

O castor fiber foi cazado ata case a extinción por mor da súa pel e dun aceite que producen e que se aplica na industria de perfumes. Desapareceu completamente das Illas Británicas no século XVI. No continente, subsisten diversas poboacións en Escandinavia e ao redor dos ríos Elba e Ródano. A especie foi recentemente reintroducida nos Países Baixos e en Baviera con éxito.

O castor canadensis é o animal nacional do Canadá e a mascota dunha serie de universidades e institutos nos Estados Unidos de América, sobre todo os relacionados con enxeñerías. Esta especie tamén sufriu bastante coa caza descontrolada, pero está neste momento fóra de perigo. No inicio da colonización de América do Norte, os indios usaban peles de castor como moeda de cambio cos pioneiros europeos.

Os castores son animais herbívoros e sobre todo nocturnos, coñecidos pola súa tendencia natural de construír encoros en ríos e abrigos naturais nas lagoas artificiais así creadas. Estes abrigos son construídos tamén polo castor e teñen unha entrada subacuática, o que os fai fortalezas impenetrables para os depredadores. Estudos recentes mostran que o que motiva aos castores a construír represas é o son da auga ao correr. Por exemplo, o animal constrúe un dique ata a auga para de correr; se este son é introducido artificialmente, o castor continúa a construción, aínda que a súa lagoa xa estea completa, ata que pare o son.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para castor.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar