Castelo de Tomar
castelo templario na cidade de Tomar, Portugal
O Castelo de Tomar é un castelo templario que se atopa na cidade de Tomar, na beira dereita do río Nabão, freguesía de São João Baptista, Distrito de Santarém, Portugal.
Tipo | castelo patrimonio cultural | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Convento de Cristo | |||
Localización | ||||
División administrativa | Tomar (São João Baptista) e Santa Maria dos Olivais, Portugal (pt) | |||
Localización | São João Baptista (pt) | |||
| ||||
Características | ||||
Monumento nacional de Portugal | ||||
Identificador | 70473 | |||
Actividade | ||||
Propietario | Orde dos templarios | |||
Sitio web | conventocristo.pt | |||
O castelo formaba parte durante a Reconquista da chamada Liña do Teixo, xunto con outros castelos da rexión, todos da mesma época e estilo: Almourol, Idanha, Monsanto, Pombal e Zêzere. Contén no seu interior o Convento de Cristo, ó cal servía de protección.
Está clasificado como Monumento Nacional dende o 23 de xuño de 1918 e, xunto co Convento de Cristo, Patrimonio da Humanidade pola Unesco dende o 30 de xuño de 1983.[1]
Notas
editar- ↑ "Convent of Christ in Tomar" (en inglés). UNESCO Culture Sector. Consultado o 11 de marzo de 2015.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castelo de Tomar |
Bibliografía
editar- Ealo de Sá, Mª. Col. Alberto Luna,El arquitecto Juan de Castillo. El constructor del mundo, Etnocantabria, 2009, ISBN 97-8846-134-9357.