[go: up one dir, main page]

Carracha común

especie de carracha

A carracha común (Ixodes ricinus) é unha especie de ácaro da familia Ixodidae. É unha carracha de corpo duro propia de Europa. É hematófaga (aliméntase de sangue) e perfora a pel coas súas pezas bucais. É un vector da febre bovina por carracha, da encefalite transmitida por carracha e da doenza de Lyme.[1]

Carracha común
Estado de conservación
Non avaliado
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Arachnida
Subclase: Acari
Familia: Ixodidae
Xénero: Ixodes
Especie: I. ricinus
Nome binomial
Ixodes ricinus
(Linnaeus, 1758)
Distribución da carracha común.
Distribución da carracha común.

Distribución da carracha común.
Carracha común tras inxerir alimentos.

Descrición

editar

Os machos miden uns 2,5 mm aproximadamente, mentres que as femias alcanzan entre 3 e 4 mm, aínda que tras alimentarse pode chegar aos 10 mm.[2] Os machos presentan o corpo cuberto por unha cuncha maciza, a cal nas femias só se atopa na parte anterior do corpo, polo que a a zona posterior é moi flexible.[2]

  1. GCiencia, ed. (11 de xullo de 2019). "Un estudo insiste no elevado risco pola borreliose das carrachas en Galicia". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  2. 2,0 2,1 Bellmann, H. Arácnidos, Crustáceos y Miriápodos (en español). Madrid, España: Ediciones Blume. ISBN 84-8076-065-6.