Carlos Pereira Martínez
Carlos Pereira Martínez, nado en Montevideo o 24 de marzo de 1959, é un historiador, escritor e artista plástico galego.
en Culleredo presentando un libro en 2012. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de marzo de 1959 (65 anos) Montevideo, Uruguai |
Actividade | |
Ocupación | historiador |
Traxectoria
editarReside na actualidade na Coruña. Licenciado en Xeografía e Historia, especialidade Historia, pola Universidade Nacional de Educación a Distancia, realizou os Cursos de doutoramento en Historia Medieval no Departamento de Historia Medieval, Moderna e Ciencias e Técnicas Historiográficas da UNED. Traballa na súa tese de doutoramento sobre A Orde do Temple nos reinos de Galicia e León. Profesionalmente é Historiador do Concello de Culleredo. Dedicoulle varios artigos á pianista e compositora Emilia Quintero Calé.[1][2]
É membro numerario da Sociedad Española de Estudios Medievales, da Asociación de Escritores en Lingua Galega, exvicepresidente da Asociación Cultural Estudios Históricos de Galicia, do padroado e do consello reitor da Fundación Instituto de Estudios Políticos e Sociais, da Asociación de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia, do Ateneo Republicano de Galicia, do Consello de Redacción da revista Dez-Eme, da Fundación 10 de Marzo de Comisións Obreiras e do Comité científico da revista Anuario Brigantino do Concello de Betanzos. Tamén formou parte do colectivo poético Os habitantes do lago, e foi un dos fundadores do grupo de teatro Maiolongo de Culleredo en 1976.
Colabora coa Asociación de Artistas Plásticos de Galicia (ARGA), e ten participado, en exposicións artísticas individuais ou colectivas en toda Galicia.
Obras
editarEnsaio
editar- Sésamo e Sueiro. Dende a Prehistoria á Idade Media, 1997.
- Fábrica de Armas de A Coruña. Seis décadas de historia, 1998, edición do autor.
- Historia das parroquias de Sésamo e Sueiro, 1998, Asociacións de Veciños de Sésamo-Sueiro, 1997.
- Anxo Senra Fernández. Vida e obra, 1999, Toxosoutos.
- Os templarios. Artigos e ensaios, 2000, Toxosoutos. Versión en castelán na mesma editora en 2002.[3]
- A Cultura en Culleredo na IIª República: o 'Ateneo de la Villa de Rutis', 2001, Ateneu Libertario Ricardo Mella.
- Asociacionismo e movemento obreiro en Oleiros (1900-1936), 2002, Trifolium.
- A Galicia heterodoxa, 2010, Espiral Maior.
Poesía
editar- Río Alzheimer, 2013, Alvarellos.
Edicións
editar- Miradoiro da Ría. Artigos en El Metropolitano e El Entorno Metropolitano, 2001, edición do autor.
Obras colectivas
editar- Culleredo, 1996, Concello de Culleredo. Con Pablo Bouza e Belia Bellón López.
- Homenaxe a Eduardo Blanco Amor, 1998, Espiral Maior. Coeditor con Miguel Anxo Fernán-Vello.
- O que fixeron en Galicia. 1936, 1998, A Nosa Terra.
- Germinal. Centro de Estudios Sociais (Cultura obreira na Coruña, 1902-1936), 2003, Briga. Con Ana Romero Masiá.
- O orballo da igualdade. Asociacionismo femenino progresista na Coruña, 2005, Baía Edicións. Con Ana Romero Masiá.
- Sociabilidade e Librepensamento, 2005, Fundación Instituto de Estudios Políticos e Sociais.
- Xente no Camiño: mostra de pintura e debuxo sobre a imaxe dos galegos da Baixa Idade Media, 2005, Deputación da Coruña. Con Alfredo Erias e Xulio L. Valcárcel.
- Actas do II Congreso da Memoria. A Segunda República e a Guerra Civil, 2006, Edicións Embora.
- Xaime Quintanilla Martínez. Vida e obra dun socialista e galeguista ao servizo da República, 2011, Fundación Luís Tilve. Con Ana Romero Masiá.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
Premios
editar- Premio Luís Tilve de Investigación e Divulgación Histórica no 2011, por Xaime Quintanilla Martínez. Vida e obra dun socialista e galeguista ao servizo da República, con Ana Romero Masiá.
- Primeiro premio da XXXVII edición do Certame Literario do Concello de Vilalba no 2011, por Río Alzheimer.
Notas
editar- ↑ Pereira Martínez, Carlos (2 de febreiro de 2021). "A pianista coruñesa Emilia Gómez Quintero Calé: os anos de formación (1864-1884)". Symphonia. Consultado o 2023-09-18.
- ↑ Pereira Martínez, Carlos (6 de febreiro de 2020). "Un poema de Manuel Curros Enríquez dedicado á pianista Emilia Quintero Calé". Terra e Tempo. Consultado o 2023-09-18.
- ↑ "Los templarios". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-09.