Carballedo
Carballedo é un concello da provincia de Lugo, pertencente a comarca de Chantada. O xentilicio é carballedés.[1]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Lugo | ||||
Capital | A Barrela | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.080 (2023) (14,9 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 139,6 km² | ||||
Altitude | 800 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Julio Yebra-Pimentel Blanco | ||||
Eleccións municipais en Carballedo | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 27530 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 27009 | ||||
Sitio web | concellocarballedo.info… |
Xeografía
editarO concello ten 139,6 km², repartidos en 23 parroquias. Está situado ao suroeste da provincia de Lugo, na comarca de Chantada. Limita ao norte con Chantada, ao sur con Vilamarín e A Peroxa, ao leste con Pantón e ao oeste con San Cristovo de Cea e Rodeiro.
É un terreo de media montaña, entre a serra do Faro e o río Miño, no encoro dos Peares. Tamén está regado polo río Búbal. Está atravesado pola estrada N-540 que comunica Lugo e Ourense, que atravesa o termo de norte a sur pasando pola súa capital, A Barrela.
O clima é oceánico, con matices continentais canto máis ao sur, con temperaturas moderadas e choivas abundantes. O seu ecosistema viuse afectado pola construción do encoro de Belesar.
Demografía
editarSegundo o IGE en 2014 tiña 2401 habitantes (2929 no 2006, 3010 no 2005, 3055 no 2004, 3061 no 2003). Segundo o INE en 2016 tiña 2280 habitantes, 1130 mulleres e 1150 homes. En 2017 2266 habitantes, 1125 mulleres, 1141 homes.
Censo total 2014 | 2401 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 131 (5,46 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1308 (54,48 %) |
Maiores de 65 anos | 962 (40,07 %) |
Evolución da poboación de Carballedo Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
9804 | 9116 | 10 295 | 4581 | 3055 | 2752 | 2593 | 2532 | 2465 | 2401 | 2351 | 2280 | 2266 | 2235 | 2193 | 2139 | 2123 | ||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Historia
editarDa época do megalitismo consérvanse as mámoas de Vilar de Monte. Hai restos da época da cultura castrexa, como os castros de Morgade, Buciños, Papelle e Touza.
Nunha pequena igrexa da parroquia de Temes achouse un sartego do século IV, encargado por un terratenente galaico-romano a un obradoiro de Roma. Da época do románico son as igrexas monacais de Santo Estevo de Chouzán e San Xoán da Cova.
Trala fin do antigo réxime, en 1840 creouse o concello de Carballedo, sendo importante a influencia de José Antonio Ribadeneira, da Casa Grande de Loureiro, bispo de Valladolid e auditor da Sagrada Rota Romana. Suprimiuse o concello de Asma, que comprendía a conca do río Asma até a confluencia coa do río Comezo, integrándose as parroquias da marxe dereita agás as de Santa Cruz e Santa Uxía de Asma, do concello de Chantada. Nun primeiro momento a capital situouse no lugar de Carballedo, sendo trasladada sucesivamente a San Mamede, Penaboa, Buciños, Chouzán, Castro e A Barrela, onde se mantén actualmente.
Cultura
editarToponimia
editarO topónimo fai referencia a unha terra de moitos carballos, fitónimo anterior ao latín.[2]
Carballedo é un concello de nomes singulares. Todos estes son topónimos exclusivos de Carballedo, que non se repiten en Galicia: Acilleiros, Aguada, Agrexán, Alén do Río, O Alto das Lamas, Ambasmestas, O Barrio de Puga, Buciños, Buxelle, Cambillán, Carballidiño, Cas de Moure, Cas de Pedro, Casqueixeiro, O Castro de Morgade, Ceides, Chouzán, O Curuxeiro, A Enfonxa, Esmolfe, Faíl, A Grixoá, A Lama de Fente, Lixibán, A Lobagueira, Lobelle, Lulaíños, Lulás, Papelle, Pepes, A Placería, Puvieiros, Quintá do Monte, Sergudiño, Surrego, Val do Arado, Veascós, Vilaguillulfe, Vilar de Mulleres, Temes, Trasar, Trasmontes, Xibiriz.[3]
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Carballedo.
-
Igrexa de Santiago de Lousada.
-
Santa Mariña de Veascós.
-
Paisaxe de Carballedo.
-
Paisaxe de Carballedo.
-
"Puza" típica da zona.
-
Terras de Carballedo.
Lugares de Carballedo
editarPara unha lista completa de todos os lugares do concello de Carballedo vexa: Lugares de Carballedo.
Parroquias
editarNotas
editar- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 44. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ "Carballedo - Antón Palacio - Detrás do nome - O Seminario de Onomástica responde". Consultado o 2023-04-01.
- ↑ "Toponimia do Concello de Carballedo". ogalego.eu. Consultado o 05/10/2017.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carballedo |
Outros artigos
editar Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |