[go: up one dir, main page]

Canario doméstico
Estado de conservación
Domesticado
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Fringillidae
Xénero: Serinus
Especie: S. canaria
Subespecie: S. c. domestica
Nome trinomial
Serinus canaria domestica[1]
(Linnaeus, 1758)

O canario doméstico (Serinus canaria domestica) é unha subespecie desenvolvida durante séculos de selección en catividade partindo de exemplares do canario silvestre ou canario salvaxe (Serinus canaria), unha especie de ave da orde paseriforme da familia dos fringílidos, endémica das illas Canarias, Azores e Madeira.[2][3][4][5]

É a ave doméstica criada como animal de compañía máis abundante do mundo. A pesar disto, non se coñecen poboacións asilvestradas.

Canario amarelo.

Historia

editar
 
Canario llarguet branco dominante.
 
Un macho de cardenalito de Venezuela. Mediante cruces con esta especie logrouse fixar os xenes necesarios para asimilar e metabolizar os carotenos (causantes do lipocromo vermello) nos canarios domésticos.

O canario doméstico foi criado por primeira vez no século XVII. Exemplares capturados no seu hábitat orixinal foron levados a Europa por mariñeiros españois. A súa cría fíxose moi popular nas cortes dos reis europeos e os seus prezos eran prohibitivos.[6][7] Os monxes foron os que comezaron a crialo, e para facer que o prezo se mantivese alto, só vendían exemplares machos, que son os que cantan. Finalmente, algúns criadores italianos obtiveron femias e foron capaces de reproducilos por si mesmos, polo que se fixeron moi populares en toda Europa continental. En Inglaterra nun principio eran só propiedade de adiñeirados pero co tempo comezaron a ser criados tamén alí facéndose moi populares, xurdindo moitas razas a través da cría selectiva.

Selección artificial

editar

Desde o século XVII, e partindo de exemplares silvestres de plumaxes con cores gris pardentas na parte superior e amarelo-verdosas na cara e partes inferiores, unha prolongada e intensa selección artificial dos criadores de todo o mundo redundou na creación dun significativo número de razas, as que, aténdonos ao obxectivo para o cal foron seleccionadas, os canaricultores adóitanas dividir en 3 grandes grupos: canarios de canto, canarios de cor, e canarios de forma. A paciente cruza selectiva deu orixe ás cores vivas coñecidos hoxe en día, entre os cales atopamos o branco puro, crema pálido, pardo, ágata, dourado, amarelo brillante, laranxa, laranxa-verdoso, cobre, vermello, negro ou mosaico negro-marrón, pastel, opalino, satén, gris, topacio, ónix, cobalto, xaspeado, etc. Mediante a combinación destas cores, xéranse centos de cores de plumaxes posibles.

 
Canario con lipocromo vermello intenso.

Hibridación

editar

O canario doméstico crúzase facilmente con outras especies da familia dos frinxílidos, mesmo doutros xéneros. Algúns híbridos son estériles, como o cruzamento entre canario e Carduelis magellanica mentres outros son fértiles; de feito, as plumaxes con tonalidades de cor vermella só se puideron introducir no canario doméstico no ano 1835, ao cruzalos con exemplares de Carduelis cucullata, unha ave nativa de Venezuela que conta de maneira natural cunha plumaxe de tons avermellados. O canario vermello resultante foi o primeiro animal creado grazas á incorporación de xenes doutra especie mediante selección xenética.[8][9] Tamén se logrou hibridalos co paporroibo real, entre outras especies.

Hábitos e características

editar

Emite os seus cantos mantendo o pico pechado e inchando a garganta de forma moi peculiar. Só o abre para efectuar tons metálicos, pero non se busca que o faga con estridencia xa que esta non é agradable ao oído humano.

O tamaño das razas que se crían no século XXI vai desde os 11,5 cm na raza Gloster, até os 20 cm. Xeralmente a maior parte posúe un tamaño que rolda os 13 ou 14 cm. A súa esperanza de vida é, segundo a raza, de 6 a 15 anos, algúns mesmo chegan a unha idade de 20 anos.

  1. "Index to Organism Names (ION)". Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2014. Consultado o 14 de decembro de 2015. 
  2. "ION, Index to Organism Names". Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2014. Consultado o 14 de decembro de 2015. 
  3. Encyclopedia of life
  4. Arnaiz-Villena, A.; Ruiz-del-Valle V.; Areces C. (mayo de 2012).
  5. "artículo resumen en pdf de los trabajos en castellano" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de maio de 2023. Consultado o 14 de decembro de 2015. 
  6. Arnaiz-Villena, A.; Ruiz-del-Valle V.; Areces C. (Mayo 2012).
  7. Arnaiz-Villena, Antonio; Alvarez-Tejado M., Ruiz-del-Valle V., García-de-la-Torre C., Varela P, Recio M. J., Ferre S., Martinez-Laso J. (1999).
  8. Birkhead, Tim, Phoenix, 2004
  9. Journal of Ornithology