Cantiga nova que se chama Riveira
Cantiga nova que se chama Riveira é un libro de poesía de Álvaro Cunqueiro publicado en 1933 por[1] Resol.[2] Reeditado nunha edición ampliada en 1957 por Editorial Monterrey. Premio Gil Vicente. Tamén reeditado pola Editorial Galaxia na Obra en galego Completa I (1980)[3].
Cantiga nova que se chama Riveira | |
---|---|
Autor/a | Álvaro Cunqueiro |
Ilustrador/a | Luís Seoane |
Orixe | Galicia |
Lingua | Galega |
Xénero(s) | Poesía |
Editorial | Resol |
Data de pub. | 1933 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Características
editarFoi o seu primeiro grande acerto poético. Integrado por cancións de fasquía popular e poemas nos que lembra, modernizándoos, aos grandes autores da cantiga de amigo do noso século XIII. Así inicia a súa liña neotrobadoresca, da que se considera o representante máis significado, sen a pesadez arcaizante de Bouza Brey. Combina a imaxe vangardista con esquemas métricos tradicionais, en sintonía co neopopularismo e gilvicentismo dos poetas da Xeración do 27 española, maiormente Rafael Alberti e Federico García Lorca. Moitos dos poemas forman parte de A dama e o cabaleiro de Amancio Prada. As orixes do libro están na lectura das cantigas de amigo e nas cantigas de amor de José Joaquim Nunes.
Segundo o Diccionario da literatura galega:
"Incide na nosa tradición achegándose a un neotrobadorismo peneirado pola actualización neopopularista. O seu espírito lúdico e a combinación dos ríxidos moldes tradicionais cun certo impresionismo e imaxes audaces convértea na obra máis celebrada da corrente."[4]
Segundo Xosé Ramón Pena:
"En efecto, e como sinalou F. Salinas Portugal (1991: 54), en Cantiga nova a pulsión do texto radica no atrevemento das imaxes e aínda «na brillantez e musicalidade verbal»; «a materia fónica (significante) convértese en significado abríndose a unha pluridimensionalidade de significacións»."[5]
Poemas
editar- Amor de auga lixeira
- A unha era, ai Louriña
- No sono do cuco novo
- Meu amigo foi ruar
- O río levaba os ollos
- Naceu cantando ailalalo
- Tiña sono de cristais
- Hai unha illa louvada
- No peteiro do luar
- Con auga de sede vella
- No mencer da herba mol
- No niño novo do vento
- Na nao do mar laranxa
- Toda a casa estaba chea
- Os nenos xogan os ollos
- Na morte da nena nena
- Amenceu bico ou onda do mar
- Adolescencia de aramios
- Outono cedo de gaitas
- Ven e verás como soñan na mar
- Si miña señor á i-alba de Arousa beilar
- Polos teus ollos, quen pasou, amiga
- Ista é a noite de moer o grau do vento
- Quita a pucha, amigo
- Por oír unha rula decir de amor
Notas
editar- ↑ Quen poidera namorala No bico un cantar, Televisión de Galicia.
- ↑ Castro, Pilar. "CVC. Álvaro Cunqueiro. Quehacer literario. Poesía. Álvaro Cunqueiro, trovador y juglar de la nueva cantiga". cvc.cervantes.es. Consultado o 21/7/2019.
- ↑ Cunqueiro, Álvaro (1980). Obra en galego completa. Poesía.teatro I. Galaxia. ISBN 84-7154-358-3.
- ↑ Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Galaxia. p. 158. ISBN 84-8288-019-5.
- ↑ Pena, Xosé Ramón (2016). Historia da literatura galega. III. De 1916 a 1936. Xerais. p. 271. ISBN 978-84-9121-107-5..
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. pp. 748–766. ISBN 84-7154-227-7.
- López-Casanova, A. (1994). Álvaro Cunqueiro e a vangarda poética. Fundación Alfredo Brañas.