[go: up one dir, main page]

Campo Grande, Mato Groso do Sur

Campo Grande é a capital do estado brasileiro do Mato Groso do Sur. É un importante centro de comercio, servizos e industria de alimentos.

Modelo:Xeografía políticaCampo Grande, Mato Groso do Sur
Campo Grande (pt) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoHino do município de Campo Grande (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 20°28′07″S 54°37′20″O / -20.4686, -54.6222
EstadoBrasil
Unidades da federaciónMato Groso do Sur - Mato Grosso do Sul Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación897.938 (2022) Editar o valor en Wikidata (110,91 hab./km²)
Xeografía
Superficie8.096,05 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude592 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1899 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Prefeita (pt) Traducir Editar o valor en WikidataAdriane Lopes (pt) Traducir (2022–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativocâmara municipal de Campo Grande (pt) Traducir , (Escano: 29) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal79000-000 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico67 Editar o valor en Wikidata
Código de concello do Brasil5002704 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webcapital.ms.gov.br Editar o valor en Wikidata

Xeografía

editar

Está a unha altura de 532 metros sobre o nivel do mar. En 2004 vivían na cidade 734.164 habitantes, sobre unha extensión municipal de 8118,41 km².

A vexetación predominante é a da sabana. As principais actividades económicas son a gandería, o comercio e a industria de alimentación. A cidade tamén destaca polo sector dos servizos. O aeroporto é a principal entrada para os turistas que desexan visitar Bonito e o Pantanal.

Campo Grande experimentou un pulo de desenvolvemento na década de 1980, e foi un polo de atracción de empregos.

Historia

editar

Orixe da cidade

editar

En 1870 (como consecuencia da Guerra da Tripla Alianza) chegoulles a nova da existencia de terras aptas para cultivar aos habitantes de Monte Alegre (no Triángulo Mineiro). Esras terras estaban na rexión de "Campo Grande da Vacaria". O primeiro pioneiro chamouse José Antonio Pereira, que chegou onde agora se erixe Campo Grande o 21 de xuño de 1872. Deixoulle a terra a un criado[[1], e aos tres anos —14 de agosto de 1875— volveu coa familia e cos escravos. nun grupo que chegaba ata as 62 persoas.

En 1877 súmaselle outra familia e constrúen ademais a que foi a primeira igrexa da cidade. A partir de 1879 novas caravanas de xente de Minas Gerais foron chegando e instalándose nas terras.

O concello

editar

A vila e a rexión foron atraendo novos habitantes, que procedían de San Paulo, Rio Grande do Sul, Paraná e nordeste, entre outros. Despois de diversas presións e requirimentos veciñais, o goberno estatal promulgou a lei que lle concedía a condición de concello e pasaba a denominarse Campo Grande o 26 de agosto de 1899. A principal fonte de riqueza nesa altura era o agro e a gandería, en especial grandes facendas de vacún, pois este era un punto de distribución de gando cara ao Triángulo Mineiro e a Paraguai. Sobre a rota do gando construíuse en 1900 a primeira estrada do concello, que o ligou cos cavorcos do Paraná, e de aí con San Paulo.

A partir de 1909 comezan as obras de modernización da vila, dirixidas nun comezo por Temístocles Pais de Sousa Brasil, e foi daquela cando se construíu a praza maior e cando se trazaron as principais rúas e avenidas. En 1916 chegou a luz eléctrica e en 1918 Campo Grande é nomeado cidade. O tren chegou en 1914 a través da Estrada de Ferro Noroeste do Brasil, da compañía RFFSA, que aumentaba as conexións da cidade co estranxeiro (Bolivia e Paraguai). En 1921 converteuse tamén en capital militar, ao recibir o acuartelamento da novena rexión do exército brasileiro. Nesa altura comezou tamén un importante movemento inmigratorio de xaponeses, árabes e armenios. En 1930 xa tiña uns 12.000 habitantes.

A capitalidade

editar

En 1932, co motivo da Revolución Constitucionalista, a cidade aliñouse coas posicións que triunfaban en San Paulo e autoconstituíuse como estado, con Vespasiano Martins como gobernador. A sede do goberno situouse no predio da Maçonaria. Mentres, a capital oficial do estado, Cuiabá, continuaba do lado legalista, co que na práctica se crearon dous estados, o de Mato Groso e o de Maracaju, do que era capital Campo Grande, entre o 11 de xullo e outubro de 1932. Coa vitoria legalista, desaparece o efémero de Maracaju, e a capital de Mato Groso segue sendo Cuiabá.

Nos anos sesenta, ábrense en Campo Grande as primeiras facultades, que logo acabarían conformando a Universidade Católica Dom Bosco, ademais dun campus da Universidade Estatal de Mato Grosso. O 11 de outubro de 1977, críase un novo estado, o do Mato Groso do Sur, con capital en Campo Grande.

  1. Rosário Congro (1884-1963, primeiro historiador da cidade) in: "O Município de Campo Grande - Estado de Matto Grosso" 1919, 9-10; reeditado polo Instituto Histórico e Geográfico de Mato Grosso do Sul, en 2003

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar