Centro Cultural e Deportivo Cerceda
O Centro Cultural e Deportivo Cerceda foi un club de fútbol de Cerceda (A Coruña). Fundado en 1968, pasou case a metade dos seus 50 anos de existencia na Terceira División, chegando a xogar na súa derradeira campaña na Segunda División B. Desapareceu en 2018, sumido en graves problemas económicos. O seu campo de fútbol era o Campo do Roxo, con capacidade para 1.000 espectadores.
Nome | Centro Cultural e Deportivo Cerceda | ||
---|---|---|---|
Fundación | 1968 | ||
Desaparición | 2018 | ||
Estadio | O Roxo, Cerceda, Galicia | ||
Capacidade | 1.000 | ||
|
Historia
editarDende 1994 ata 2017 xogou ininterrompidamente na Terceira División, sen descender nin un só ano a Preferente. En catro ocasións gañou a competición de Terceira División, nas tempadas 1995–96, 2002–03, 2003–04 e 2010–11. Xogou a promoción de ascenso a Segunda B en 13 ocasións. As primeiras foron:
- en 1996, contra o Atlético Bembibre, o Colmenar Viejo e o Oviedo B, da que ascendería o equipo asturiano[1].
- en 1999, contra o Atlético de Madrid C, a Gimnástica Segoviana e o Marino de Luanco, onde ascendeu o equipo de Segovia[2].
- en 2003, contra o La Bañeza, o Rayo Majadahonda e o Titánico, onde ascendeu o equipo de Majadahonda[3].
- en 2004, contra o Navalcarnero, equipo que finalmente ascendería, contra o que perdeu en primeira rolda 1-0 e 0-0 [4].
Na tempada 2010–11 resultou campión da categoría, xogando a fase de ascenso como primeiro de grupo. Na primeira rolda caeu contra o UE Llagostera (0–3, no global), pero podendo xogar a segunda ao ser campión. Na segunda rolda caeu contra o UD San Sebastián de los Reyes (2–3, no global), sendo eliminado definitivamente.
Na tempada 2016-17 ascendeu por fin a Segunda B tras perder na terceira eliminatoria do play-off, pero aproveitando o descenso administrativo do Boiro. Os 133.000€ neesarios para conseguir a praza foron achegados polo CD Lugo, que pasou a xestionar o club.[5] O equipo acabou de último no seu grupo, e ademais foi descendido a Preferente polos seus problemas para pagar aos xogadores. Finalmente anunciou que non se inscribiría en ningún equipo na tempada 2018/19, poñendo fin así á súa historia.[6][7]
Cadro de xogadores
editarÚltimo cadro de xogadores (2017/18)
editar- Datos do 18 de agosto de 2017.
|
|
Datos do club
editarHistorial na liga
editar
|
|
|
Palmarés
editar- Terceira División (4): 1995–96, 2002–03, 2003–04, 2010–11
- Subcampión da Terceira División (2): 2009–10, 2013–14
- Copa Galiza (1): 2009
- Fase Autonómica Galega da Copa RFEF (2): 1996–97, 2009–10
- Preferente Autonómica (1): 1993–94
- Segunda Autonómica (1): 1989–90
- Copa Deputación da Coruña (3): 2004, 2008, 2009
- Copa da Coruña (1): 1991
Notas
editar- ↑ Promoción a Segunda B - 1995-96 Arquivado 01 de marzo de 2009 en Wayback Machine., Futbolme.com
- ↑ Promoción a Segunda B - 1998-99 Arquivado 01 de marzo de 2009 en Wayback Machine., Futbolme.com
- ↑ Promoción a Segunda B - 2002-03 Arquivado 01 de marzo de 2009 en Wayback Machine., Futbolme.com
- ↑ Promoción a Segunda B - 2003-04 Arquivado 01 de marzo de 2009 en Wayback Machine., Futbolme.com
- ↑ "El Cerceda se defiende". DxT Campeón (en castelán). 12 de maio de 2018. Consultado o 26 de outubro de 2021.
- ↑ "El Cerceda no se inscribirá en competiciones oficiales". DxT Campeón (en castelán). 30 de xuño de 2018. Consultado o 26 de outubro de 2021.
- ↑ Rodríguez, Melissa (5 de setembro de 2018). "El potencial deportivo de Cerceda cae en picado en el nuevo curso". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 30 de junio de 2018.