Buzkashi
O buzkashi (en Afganistán, Taxiquistán e Estados Unidos), kokpar (en Casaquistán) ou kupkari (en Uzbekistán)[1] é un deporte ecuestre practicado en varios países centroasiáticos, entre eles Afganistán, onde está considerada deporte nacional.[2] Malia que se practica en Afganistán, orixinouse probablemente en Uzbekistán.[Cómpre referencia]
Consiste en dous equipos de chapandoz, ou xinetes, nun campo de aproximadamente dous quilómetros de lonxitude. Os xogadores de cada equipo non se diferencian na cor da súa camiseta, senón que parecen coñecerse. O obxectivo do xogo é conducir o boz, que é unha cabra sen cabeza e sen extremidades, dende un extremo do campo ó outro. Nunha das dúas versións vixentes deste xogo, Tudabarai, os integrantes de ambos os equipos pugnan para levar o corpo da cabra ó centro do terreo de xogo.[3]
É un xogo moi violento, xa que non ten unhas regras definidas e os xinetes terminan envolvidos en verdadeiras batallas sanguentas. Tampouco hai árbitros polo que o resultado depende só dos xogadores[Cómpre referencia]. Para o xinete a recompensa é o prestixio que pode ter ante o resto dos xogadores. Os capitáns, denominados "chapandaz", con turbantes e barbas negras, chegan á cancha con fusís Kalashnikov ó ombreiro e gardacostas e danse a man antes de empezar o partido.
Durante a ditadura relixiosa do talibán a práctica deste xogo estivo prohibida, é por esa razón que dende o colapso do réxime volveu a practicarse os venres en Cabul.[4]
Notas
editar- ↑ Kuandyk, Abira (24 de agosto de 2018). "Scholar examines resurgence of Kokpar in Kazakhstan, Central Asia". The Astana Times (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2018.
- ↑ Enciclopedia Encarta. "Buzkashi". Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2008. Consultado o 05 de xuño de 2018.
- ↑ Bradshaw, Luke (27 de marzo de 2017). "Buzkashi: Afghanistan's Goat-Grabbing National Sport". Culture Trip (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2018.
- ↑ Flores, David. "Afghanistan's buzkashi players don't fear the return of the Taliban". The National (en inglés). Consultado o 6 de agosto de 2019.