O Burgo, Culleredo
Santiago do Burgo[1] é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello de Culleredo. Segundo o IGE en 2016 tiña 8.993 habitantes (4.694 mulleres e 4.299 homes) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 4.803 habitantes.
O Burgo | |
---|---|
A ponte medieval do Burgo. | |
Concello | Culleredo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°17′18″N 8°23′19″O / 43.288333333333, -8.3886111111111 |
Poboación | 9.269 hab. (2020)[2] |
Entidades de poboación | 2[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarInicios e esplendor
editarNo século XII aparece na documentación o chamado Burgo de Faro, seguramente xa existente nos séculos IX e X orixinado polo forzoso traslado da poboación da Coruña a un lugar máis seguro, ao fondo da ría. Foise convertendo nun importante núcleo urbano. Tense dito que a mediados do século XII só as cidades episcopais (Santiago, Mondoñedo, Lugo, Tui e Ourense), e Allariz e O Burgo de Faro (que eran de reguengo), eran os únicos lugares urbanos de Galicia.[3]
Afonso VII (1111-1157), alcumado O Emperador, rei de Galicia, de León, de Castela e de Toledo, concedulle carta puebla e estableceu nel un porto de acollida ao barcos con mercadorías e peregrinos que chegaban do norte de Europa para dirixirse ao Santuario do Apóstolo Santiago, sobre todo aos procedentes dos portos ingleses.[4]
A primacía do porto do Burgo de Faro sobre outros próximos, como o da Coruña, o de Betanzos ou o de Noia, até o século XIII, debeuse á seguridade que os cabaleiros da Orde do Temple ofrecían tanto aos peregrinos como aos comerciantes que alí chegaban. Os templarios levantaron un castelo-fortaleza e unha ermida, situada onde hoxe se encontra a igrexa de Santa María do Temple, no actual concello de Cambre, ao outro lado da ría. Os cabaleiros custodios do Camiño (o camiño inglés) vixiaban desde a fortaleza a chegada dos barcos ao porto, daban acollida, atención e aloxamento aos peregrinos e lles ofrecían protección coa súa presenza na ruta xacobea.[4]
Ademais dos templarios asentáronse no Burgo de Faro freires do mosteiro de Sobrado, que alí tiñan moitas posesións e rendas, entre elas os muíños de Acea de Ama. O Burgo foi tamén moi protexido polo monarca Fernando II, fillo de Afonso VII, así como polos Condes de Traba.[3]
Decadencia
editarA (re)fundación da Coruña a comezos do século XIII, marcaría o comezo do declive do Burgo, aínda que os templarios seguiron potenciándoo até a súa desaparición, no ano 1312.[3]
A partir do século XIII, o da Coruña foi o principal porto de acollida para os peregrinos que viñan a Santiago por vía marítima, para realizar desde alí a pé a ruta que os conduciría até a sé onde repousan, supostamente, os restos do apóstolo Santiago en Compostela. Ademais, durante bastante tempo, os conflitos vividos por unha Europa convulsa fixeron que a vía marítima se considerase máis segura que as rutas terrestres do camiño francés, do primitivo ou o do Norte, sobre todo mentres durou a Guerra dos Cen Anos (1337-1453). Por outra parte, a florecente actividade económica en moitas cidades portuarias inglesas como Bristol, Southampton ou Plymouth e noutras como Londres contribuíu tamén a que moitos dos barcos de mercadorías incluísen na súa pasaxe viaxeiros que se dirixían a Compostela. O transporte de peregrinos converteuse daquela nun negocio moi lucrativo para os armadores dos portos do sur de Inglaterra, non só polas cantidades que lles cobraban, senón tamén porque as licenzas e salvocondutos que levaban lles permitían realizar interesantes intercambios comerciais, evitando conflitos coa coroa de Castela.
Patrimonio
editarNesta parroquia atópanse a igrexa románica de Santiago do Burgo, que ten pezas do século XII no seu interior, a ponte do século XV que cruza a ría do Burgo do Burgo ao Temple, e os muíños de maré de Acea de Ama, que son do século XII.[5]
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes do Burgo, Culleredo.
-
Nocturno.
-
Parrulos na ría do Burgo.
-
Cisnes na ría do Burgo.
-
Ría do Burgo. En primeiro plano, paseo Marítimo.
-
Ría do Burgo coa marea baixa.
-
O Burgo. Avenida Xoán Carlos I.
-
Edificios novos no Burgo.
Lugares e parroquias
editarLugares do Burgo
editarLugares da parroquia do Burgo no concello coruñés de Culleredo | |
---|---|
Parroquias de Culleredo
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Datos de poboación por parroquias-IGE
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Mercado Templario do Burgo de Faro en culleredoturismo.
- ↑ 4,0 4,1 O Burgo na Xacopedia.
- ↑ Concello de Culleredo (eds.). "Descubre Culleredo".
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O Burgo, Culleredo |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Rey Cabezudo, Mónica (2014). La iglesia románica de Burgo de Faro, materialización del auge y declive de una villa bajomedieval. Annuarium Sancti Iacobi, nº 3, 311-328 (en castelán).
- A Ponte do Burgo, historia de Templarios en Tesouros de Galicia.