Agnolo Bronzino
Agnolo di Cosimo, máis coñecido polo nome artístico de Agnolo Bronzino, nado en Monticelli o 17 de novembro de 1503 e finado en Florencia o 23 de novembro de 1572, foi un pintor italiano, un dos representantes máis conspicuos do manierismo. Famoso por ser un grande retratista, traballou con frecuencia e durante longo tempo no ámbito da corte dos Medici. É citado con frecuencia como Il Bronzino ou só como Bronzino.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (it) Agnolo di Cosimo di Mariano 17 de novembro de 1503 Florencia, Italia |
Morte | 23 de novembro de 1572 (69 anos) Florencia, Italia |
Pintor de cámara | |
1537 – | |
Datos persoais | |
Grupo étnico | Pobo italiano |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura |
Lugar de traballo | Florencia |
Ocupación | pintor, poeta, debuxante arquitectónico |
Período de actividade | 1525 (Gregoriano) - 1572 (Gregoriano) |
Empregador | Francisco Maria I, Duque de Urbino (pt) Cosmo I, Grão-Duque da Toscana (pt) |
Membro de | |
Xénero artístico | Retrato pictórico, nudez na arte, pintura mitolóxica, pintura relixiosa e Pintura de historia |
Movemento | Manierismo |
Catálogo crítico | L'opera completa del Bronzino (en) |
Profesores | Pontormo e Girolamo Genga (pt) |
Alumnos | Alessandro Allori |
Mecenas | Cosmo I, Grão-Duque da Toscana (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Le vite de' più eccellenti pittori, scultori e architettori, (sec:V6.8, Degli Accademici del disegno, pittori, scultori e architetti e dell'opere loro, e prima Del Bronzino) Biblioteca dixital BEIC Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarNaceu no seo dunha familia humilde, téñense escasas noticias da súa infancia. O seu alcume de Il Bronzino procede da cor escura da súa pel.
O seu primeiro mestre foi Raffaellino del Garbo, un pintor florentino menor. Arredor do ano 1515 entrou no obradoiro de Jacopo Carrucci, máis coñecido como il Pontormo (1494-1556), quen xogaría un papel fundamental na carreira artística de Bronzino. Ambos os dous pintores realizaron a decoración dos lunetos da capela Capponi na igrexa de Santa Felicita en Florencia.
En 1530 era xa un pintor sólido e moi coñecido; foi convidado a ir a Pesaro para traballar para a familia Della Rovere, morando aló dous anos. En Pesaro con Gerolamo Genga, Francesco Menzocchi, Raffaellino del Colle, Dosso Dossi e Battista Dossi traballou na decoración da vila Imperial de Pesaro para Francesco Maria I della Rovere.
Cando Cosimo I de Medici se converteu en señor de Florencia, moi logo decidiu facerse arrodear dos mayores pintores da época, entre os cales sen dúbida se contaba il Bronzino, que traballaría para el en 1539. Despois de realizar o seu primeiro encargo, il Bronzino foi o pintor favorito de Cosimo, traballando xa todo o resto da súa vida con el.
Cara 1548 pasou a Roma para buscar un axudante que o auxiliase na confección dun tea de raso, contactando con Raffaello dal Colle.
En 1556 morreu o seu mestre Pontorno e Bronzino dedicouse a acabar os frescos daquel no coro da igrexa de San Lourenzo en Florencia (destruídos case un século despois).
Foi membro fundador da Academia de deseño no 1563, tendo a triste honra, no ano seguinte, de acompañar as honras fúnebres Miguelánxelo en representación da Academia.
Bronzino faleceu na casa do seu sobriño e discípulo preferido, Alessandro Allori. Foi sepultado na igrexa de San Cristovo de Florencia.
Actividade artística
editarA maioría das pinturas realizadas polo Bronzino son retratos, especialmente de grandes literatos e de membros da familia de Cosimo de Medici.
Cando este seu grande mecenas, Cosimo, fundou unha manufactura de rasos en Florencia, il Bronzino dedicouse a realizar esplendidas teas, en especial con temas alegóricos, que constitúen unha serie composta de vinte rasos (dezaseis foron deseñadas polo Bronzino, tres por Pontorno e un máis por Francesco Salviati), que se gardan hoxe no florentino Palazzo Vecchio.
Outro dos temas máis tratados por Bronzino foi a pintura relixiosa, pintando algúns retablos de templos florentinos e tamén algúns frescos.
Obras
editar- Retrato alegórico de Dante (1530), National Gallery of Art, Washington.
- Retrato de Bartolomeo Panciatichi (ca. 1540)
- Retrato de Andrea Doria como Neptuno (ca. 1540), Pinacoteca de Brera, Milán.
- Alegoría do triunfo de Venus (ca. 1540-1545), título antigo, sendo cada vez máis coñecido como Venus, Cupido, a Loucura e o Tempo.
- Deposición de Cristo (1540 - 1545), Museo de Besançon
- O paso do Mar Vermello (1541-1542)
- Retrato de Stefano Colonna (1545).
- Retrato de Lucrezia Panciatichi (c. 1545), Museo dos Uffizi, Florencia.
- Enterro de Cristo (ca. 1545)
- Eleonora di Toledo con seu fillo Giovanni (ca. 1545)
- Resurrección de Cristo (1548-1552)
- Retrato de Lodovico Capponi (ca. 1550-1555)
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Agnolo Bronzino |