[go: up one dir, main page]

Boticas é unha vila portuguesa pertencente ao distrito de Vila Real, na rexión Norte, subrrexión do Alto Trás-os-Montes, e comunidade intermunicipal do Alto Tâmega, que contaba con 1 280 habitantes (censo de 2011).[1]

Modelo:Xeografía políticaBoticas
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°41′N 7°40′O / 41.68, -7.67
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Vila Real Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación5.750 (2011) Editar o valor en Wikidata (17,86 hab./km²)
Xeografía
Superficie321,96 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude501 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Día festivo
Santo padrónSanta María Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal5460 Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico276 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webcm-boticas.pt Editar o valor en Wikidata

Xunto co concello Montalegre, forma a comarca das Terras de Barroso.

Xeografía

editar
 
Casas tradicionais da vila de Boticas.
 
Boticas. Á esquerda, un espigueiro (hórreo); á dereita, monumento ao Guerreiro Galaico-Lusitano.

Boticas é a sede dun municipio de 321,96 km² de superficie,[2] e 5 750 habitantes (censo de 2011),[1] subdividido en 10 freguesías.[3]

Límites

editar

O municipio está limitado ao oeste e o noroeste polo municipio de Montalegre, ao leste por Chaves, ao sueste por Vila Pouca de Aguiar, ao sur por Ribeira de Pena e ao suroeste por Cabeceiras de Basto.

O concello foi creado en 1836 por desmembramento do de Montalegre.

Poboación

editar
Evolución da poboación 1864-2011 [4]
1864 1878 1890 1900 1911 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011
9 388 9 933 10 133 10 982 10 937 10 338 11 154 11 786 13 247 14 481 10 925 8 773 7 936 6 417 5 750
Número de habitantes por idades 1900-2011 [5]
1900 1911 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011
0-14 anos 3 520 3 589 3 354 3 499 4 093 4 472 5 344 3 290 2 220 1 561 821 581
15-24 anos 1 868 1 858 1 864 1 905 2 077 2 395 2 311 1 775 1 507 1 141 819 499
25-64 anos 4 672 4 479 4 369 4 448 4 704 5 420 5 825 4 640 3 710 3 718 3 046 2 843
> 65 anos 553 678 643 819 817 806 1 001 1 220 1 336 1 516 1 731 1 827

Freguesías do concello de Boticas

editar
 
Freguesías do concello de Boticas.

O concello de Boticas está dividido en 10 freguesías:[3]

Historia

editar

Boticas é unha vila de orixe romana. Os romanos construíron alí a cidade de Batocas, explotando minas e as famosas Termas de Carvalhelhos, das que se di que teñen augas milagrosas.

Economía

editar

O sector primario é o máis importante do concello de Boticas, sendo o que emprega a maioría da poboación.[6] Na freguesía de Covas do Barroso está proxectada e aprobada a mina Barroso Lithium, a maior de Europa a ceo aberto, impulsada pola empresa Savanna Resources, participada por Mário Ferreira.[7][8] O proxecto recibiu críticas por impactos ambientais e sociais, xa que pode afectar o ecosistema local e as fontes de auga. A empresa presentou varias veces a avaliación de impacto ambiental á Agência Portuguesa do Ambiente (APA), que requiriu diversas modificacións​.[9][10] Hai resistencia na comunidade local, preocupada pola posible polución, a perda de terras agrícolas e o impacto na calidade de vida.[11]

Outros datos

editar
  • As Termas de Carvalhelhos, a 26 km da estación termal de Vidago, e a 32 km de Chaves, cuxas augas, que xorden a elevada temperatura, foron xa explotadas polos romanos.
  • Un dos puntos de maior interese a nivel turístico é o "Centro de Artes Nadir Afonso", que alberga unha importante colección de obras deste artista.
  • O concello está situado entre montañas cheas de castiñeiros e carballos, as árbores máis características da rexión.
  • Na súa gastronomía, propia da rexión barrosá de Boticas, destacan o xamón, a troita recheada de Boticas, os fumeiros (carnes xeralmente de porco, expostas ao fume para a súa conservación), e a vitela barrosá.

Cidades irmandadas

editar

O concello de Boticas está irmandado cos seguintes vilas:[12]

Galería de imaxes

editar
  1. 1,0 1,1 "Censos 2011 (Dados Definitivos)", "Quadros de apuramento por freguesia" (tabelas anexas ao documento).
  2. Instituto Geográfico Português, Carta Administrativa Oficial de Portugal (CAOP), versão 2013 Arquivado 09-12-2013 en Wayback Machine..
  3. 3,0 3,1 Diário da República, Reorganização administrativa do território das freguesias, Lei nº 11-A/2013, de 28 de janeiro, Anexo I.
  4. Instituto Nacional de Estatística (Recenseamentos Gerais da População) - INE -publicacões.
  5. INE - Censos.
  6. Gazeta Rural nº 261 (15 de decembro de 2015), páx. 5.
  7. "Savannah Resources Plc - Barroso Lithium Project, Portugal". Savannah Resources Plc (en inglés). Consultado o 2024-07-03. 
  8. "Notification of Major Shareholding - Savannah Resources Plc". savannahresources-wwwsavannahresourcescom.azurewebsites.net. Consultado o 2024-07-03. 
  9. "Barroso Lithium Project, Portugal". NS Energy (en inglés). Consultado o 2024-07-03. 
  10. "Savannah Resources Plc - Barroso Lithium Project Fact Sheet – Water". Savannah Resources Plc (en inglés). Consultado o 2024-07-03. 
  11. "New protest camp scheduled against Barroso-Lithium mine". portugalresident.com (en inglés). Consultado o 3 de xullo de 2024. 
  12. "Geminações de Cidades e Vilas. Boticas.". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 02 de maio de 2018. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar