Bote de Halkett
Un bote de Halkett é un tipo de bote inflable lixeiro que foi deseñado polo tenente Peter Halkett (1820-1885) durante a década de 1840.
Historia e características
editarEstes botes intentaban poñer solución as dificultades para navegar no Ártico canadense: precisábase unha embarcación lixeira de abondo para ser transportada por terra e robusta abondo para ser empregada nas extremas condicións meteorolóxicas da zona.
O primeiro deseño de Halkett consistía nun bote plegable e inflable fabricado en tea imbuída de caucho. Cando estaba desinflado, o casco do bote podía levarse coma se fose un abrigo ou unha capa, o remo usarse como un caxato e a vela e o mastro como un paraugas; só tiña capacidade para unha persoa. Halkett, alentado pola positiva acollida, levou a cabo melloras: o modelo seguinte era para dúas persoas e pequeno abondo como para coller nunha mochila e poder ser empregado, unha vez desinflado, como manta impermeable.
Aínda que foi ben recibido polos exploradores canadenses, o mercado para estes deseños era moi limitado e Halkett non foi quen de persuadir a Royal Navy do Reino Unido da súa utilidade para os servizos navais.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Fleming, Fergus (2001). Granta, ed. Barrow's Boys (en inglés). Londres. pp. 139–140. ISBN 1-86207-502-6.
- Compañía da Baía de Hudson, ed. (1955). "Footnotes to the Franklin Search" (PDF). The Beaver (en inglés) 34. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de abril de 2012. Consultado o 29 de outubro de 2015.
Ligazóns externas
editar- Frozen Ocean - Search for the North-West Passage Arquivado 03 de novembro de 2014 en Wayback Machine. (en inglés)