Borrifáns, Oza-Cesuras
San Pedro de Borrifáns[1] é unha parroquia do concello de Oza-Cesuras. Segundo o IGE en 2018 tiña 216 habitantes (116 homes e 100 mulleres), distribuídos en 25 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 347 habitantes.
Borrifáns | |
---|---|
Igrexa de San Pedro de Borrifáns. | |
Concello | Oza-Cesuras[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°08′18″N 8°12′44″O / 43.138315, -8.212291 |
Poboación | 216 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 25[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Cultura
editarTopónimo
editarBorrifás é un xentilicio etrusco cunha base en -fan e latinizado cun -es final (Borrifás, -*fan-es). Nun texto alemán de 1966 recóllense dúas entradas de rexistros históricos deste topónimo.[2] Un rexistro data de 1607 e recolle a Borrifás como xentilicio *Burrifanius, do etrusco Burrius, Burres. Outra é para Borrifáns no cal se cita dous rexistros: un rexistro do século XVIII que o interpreta como viñedo ou arboredo; e outro do século XIX que o interpreta por rexistros de Burifáns, Borufás como leiras ou veigas "borricianas", as cales poderían referise a seren terreos con cinzas.[3]
Lugares e parroquias
editarLugares de Borrifáns
editarLugares da parroquia de Borrifáns no concello coruñés de Oza-Cesuras | |
---|---|
A Armucela | A Barqueira | Brates | Brufe | Os Canedos | A Caneta | A Castellana | O Castro | Cotá | Cova | Fondevila | A Igrexa | Os Peteiros | Piñeiro de Vales | Piñoi | O Pousadoiro | A Quenlla | A Ribeira | Rorís | San Gregorio | Tieira | Torres | Vales | Velle | Vilarensal |
Parroquias de Oza-Cesuras
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ W. Schulze (1966). Zur Geschichte lateinischer Eigennamen (2º ed.). Berlín.
- ↑ Monteagudo García, Luis (1998). "Impacto etrusco en la toponimia gallega: topónimos en -es". Anuario Brigantino (21): 45–66.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Veiga Ferreira, Xosé María; Sobrino Ceballos, Juan (2010). "San Pedro de Borrifáns" (PDF). A Xanela. Revista cultural das Mariñas (Betanzos) (29): 11–13. Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2021. Consultado o 08 de abril de 2021.