[go: up one dir, main page]

Borreiros, Gondomar

parroquia civil do concello de Gondomar

San Martiño de Borreiros é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Gondomar na comarca de Vigo. Segundo o IGE, no 2014, tiña 1.254 habitantes (666 mulleres e 588 homes), distribuídos en 20 entidades de poboación,[2] o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.047 habitantes. O lugar de cabeceira, onde está a igrexa e o centro cultural, é San Martiño. Eclesiasticamente, pertence ao arcipretado de Miñor.[3]

Borreiros
Borreiros
ConcelloGondomar[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°06′12″N 8°48′12″O / 42.103236111111, -8.8034388888889
Poboación1.254 hab. (2014)
Entidades de poboación20[1]
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

A primeira referencia escrita data do 1170, onde o rei Fernando II de León doa ó Bispo de Tui a igrexa de San Martiño de Borreyros. Neste documento, sinala os seus longos límites. E outra referencia data de 1409, onde Lorenzo Canes de Cadaval, escudeiro morador en terra da Louriña, fai doazón ó Mosteiro de Oia, a metade do Coto de Borreyros coas súas casas, as súas herdades, as súas viñas, as súas devesas etc. Durante tempo, a parroquia de Santa Cristina da Ramallosa (Baiona), pertenceu a ela ata que se independizou.[4]

Patrimonio

editar

Pola parroquia discorre o río Miñor. Posúe unha capela, chamada Capela da Xunqueira que data do ano 1723 (segundo a inscrición que hai no arco da entrada).[4]

No monte veciñal atópase un poboado castrexo da idade de ferro, o castro da Pedra Moura. Ten parapetos defensivos, e desde el vese o Val Miñor e a ría de Vigo. Está en terreos propiedade da Comunidade de Montes.

Na parroquia tamén se encontra a Fraga de Oliveira, que está situada entre as parroquias de Borreiros, Belesar e Donas no contorno do río da Groba, aínda que os sendeiros que están dentro do sendeiro da Grela, están sen sinalizar e abandonados.

Festas

editar

Galería de imaxes

editar
Artigo principal: Galería de imaxes de Gondomar.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Borreiros

editar
Lugares da parroquia de Borreiros no concello de Gondomar (Pontevedra)

O Aciquelo | A Bandeira | Borreiros | Os Boucelos | O Burgovedro | Cabaleiros | O Castro | O Cruceiro | A Esparadela | A Estrada | Guntín | O Lousado | O Monteiro | A Oliveira | As Regadas | San Martiño | O Seixo | O Telleiro | A Tomada | A Valada | Viso de Calvos | A Xunqueira

Parroquias de Gondomar

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Gondomar

Borreiros (San Martiño) | Chaín (Santa María) | Couso (San Cristovo) | Donas (Santa Baia) | Gondomar (San Bieito) | Mañufe (San Vicente) | Morgadáns (Santiago) | Peitieiros (San Miguel) | Vilaza (Santa María) | Vincios (Santa Mariña)

  1. 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
  2. IGE. "Nomenclátor de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 24/02/2021. Consultado o 20/8/2015. 
  3. "MIÑOR archivos". DIOCESE TUI-VIGO (en castelán). Consultado o 2023-09-13. 
  4. 4,0 4,1 Miñor, Arciprestados de Tui-Vigo, Delegación diocesana de patrimonio (2008).

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar