Boeing 767
O Boeing 767 é un avión de pasaxeiros de fuselaxe ancha fabricado por Boeing. Trátase dun modelo de fuselaxe ancha, que foi presentado case ao mesmo tempo que o 757, o seu semellante de fuselaxe estreita, co que comparte características de deseño e cuberta de voo, o que permite que os pilotos poidan obter unha mesma certificación para operar os dous avións. Ten un alcance de entre 9 400 e 12 200 km e pode transportar entre 181 e 375 pasaseiros, dependendo da configuración.
Boeing 767 | |
---|---|
Boeing 767-300 de Condor | |
Tipo | pasaxeiros |
Fabricante | Boeing |
Primeiro voo | 26 de setembro de 1981 |
Introducido | 8 de setembro de 1982 con United Airlines |
Estado | activo |
Principais usuarios | Delta Air Lines American Airlines United Airlines All Nippon Airways |
Produción | 1981 - presente |
Unidades construídas | 1.093 a setembro de 2016[1] |
O 767 foi tamén o primeiro avión de fuselaxe ancha de Boeing cunha ponte de mando para só dúas persoas, eliminando a necesidade dun enxeñeiro de voo. O avión fabricouse con tres lonxitudes de fuselaxe. O orixinal 767-200 entrou en servizo en 1982 con United Airlines, seguido polo 767-300 en 1986, e o 767-400ER no ano 2000. O 767-200ER e o 767-300ER teñen maior capacidade de carga e alcance. O 767-300F, unha versión de carga, entrou en servizo en 1995. Este foi alongado novamente e xurdiu o 767-400ER, que entrou en servizo en setembro do ano 2000.
Para complementar ao máis grande 747, ten unha sección transversal de sete asentos por fila, e pode acomodar contedores de carga LD2 ULD máis pequenos. O 767 estaba inicialmente equipado con motores turboventilador General Electric CF6, Rolls-Royce RB211, ou Pratt & Whitney JT9D. Os JT9D foron posteriormente substituído por PW4000. O avión ten unha cola convencional e unha á de perfil supercrítico para reducir a resistencia aerodinámica. A súa cabina de cristal para dous tripulantes, a primeira nun avión de pasaxeiros de Boeing, desenvolveuse conxuntamente para o 757. O estudos para un 767 de maior capacidade en 1986 levaron a Boeing a desenvolver o máis grande 777, introducido en xuño de 1995.
O 767-200 de 48,5 m de longo pode transportar nunha configuración típica a 216 pasaxeiros a 7 200 km, mentres que o 767-200ER transporta a 181 pasaxeiros a unha distancia de 12 200 km. O 767-300 de 54,9 m leva en configuración típica 269 pasaxeiros a 7 200 km, mentres que o 767-300ER senta a 218 pasaxeiros e pode voar 11 070 km. O 767-300F pode transportar 52,7 toneladas de carga a 6 025 km, e o 767-400ER de 61,37 m senta a 245 pasaxeiros e pode voar ata 10 415 km. Entre os derivados militares atópanse o E-767 para vixilancia e os KC-767 e KC-46 de repostaxe en voo.
En xullo de 2018 había 742 destes avións en servizo, sendo Delta Air Lines o maior operador con 77 unidades na súa frota. Ata xaneiro de 2022 Boeing recibira 1 346 pedidos de 74 clientes, dos cales 1 240 aparellos foran xa entregados, mentres que o resto son das variantes de carga e de repostaxe en voo.[2] Entre os seus competidores atópanse os Airbus A300, A310, e A330-200. O seu sucesor, o 787 Dreamliner, entrou en servizo no ano 2011.
Variantes
editarO 767 fabricouse con tres lonxitudes de fuselaxe.[3] Estas estreáronse de forma progresiva como os 767-200, 767-300, e 767-400ER.[3][4] As variantes de longo alcance inclúen os 767-200ER e 767-300ER,[4] mentres que entre os modelos de carga atópanse o 767-300F, un cargueiro de produción,[5] e as conversións dos modelos de pasaxeiros 767-200 e 767-300.[6]
Cando se refiren ás distintas variantes, Boeing e as aeroliñas adoitan a combinar o número do modelo (767) e o designador da versión, como -200 ou -300, nunha forma como por exemplo "762" ou "763".[7] Despois do número de capacidade pode engadirse o identificador de alcance,[7][8] aínda que -200ER e -300ER son designacións de mercadotecnica da compañía e non están certificados como tal.[6] O sistema de designación de avións da Organización de Aviación Civil Internacional (ICAO) usa un esquema semellante de números, pero a este precédelle unha letra que indica o fabricante;[9] todas as variantes baseadas nos 767-200 e 767-300 clasifícanse baixo os códigos "B762" e "B763", e o 767-400ER recibe a designación "B764".[9]
767-200
editarO 767-200 foi o modelo orixinal e entrou en servizo con United Airlines en 1982.[10] O tipo ten sido usado principalmente polas principalis aeroliñas estadounidenses para rutas domésticas entre grandes centros de conexións como Os Ánxeles e Washington.[10][11] O 767-200 foi o primeiro avión en usarse en voos ETOPS transatlánticos, comezando con TWA o 1 de febreiro de 1985 baixo regras de desvío de 90 minutos.[12][11] Entregáronse un total de 128 unidades desta variante.[2] En xullo de 2018 aínda había 52 exemplares do modelo en servizo comercial, case todos eles conversións a cargueiros.[13] Os competidores deste modelos son os Airbus A300 e A310.[14]
O 767-200 fabricouse ata o ano 1987 cando a produción cambiou ao 767-200ER de rango estendido.[15] Algúns dos primeiros 767-200 foron posteriormente actualizados á especificación de rango aumentado.[11] En 1998, Boeing comezou a ofrecer conversións do 767-200 á especificación 767-200SF (Special Freighter, cargueiro especial) para ser usados con carga,[16] e Israel Aerospace Industries obtivo a licenza para realizar as conversións a partir de 2005.[17] O proceso de conversión implica a instalación dunha porta de carga lateral, o reforzo do chan da cuberta principal, e a adición de equipamento de monitorización da carga e seguridade.[6] O 767-200SF posicionouse como un substituto para os cargueiros Douglas DC-8.[16]
767-2C
editarUnha versión comercial de carga do Boeing 767-200 coas ás da serie -300 e unha cabina de mando actualizada que voou por vez primeira o 29 de decembro de 2014. Unha variante militar de repostaxe en voo do Boeing 767-2C foi desenvolvido para a USAF como o KC-46. Boeing usou seis avións para conseguir a certificación da FAA.[18] O primeiro avión entregouse á USAF en xaneiro de 2019,[19] e en xaneiro de 2021 xa tiña entregadas 42 unidades das 94 pedidas.[20]
767-200ER
editarO 767-200ER foi o primeiro modelo de rango estendido e entrou en servizo con El Al en 1984.[21] O maior alcance do tipo débese á súa maior capacidade de combustible e a un maior peso máximo de engalaxe de ata 179 000 kg.[15] Este aumento de capacidade conseguese polo uso do dique seco do tanque central para tranportar combustible. Os tanques centrais das variantes non-ER é o que se chaman cheek tanks; dúas metades interconectadas en cada raíz da á cun dique seco no medio. O tanque central tamén é usado nas variantes -300ER e -400ER.[22]
Esta versión ofreceuse orixinalmente cos mesmos motores que o 767-200, aínda que posteriormente estiveron dispoñibles os máis potentes Pratt & Whitney PW4000 e General Electric CF6.[15] O 767-200ER foi o primeiro 767 en completar unha viaxe transatlántica sen escalas, e rompeu o récord de distancia para un birreactor de pasaxeiros o 17 de abril de 1988 cun voo de Air Mauritius dende Halifax, Nova Escocia a Port Louis, Mauricio, cubrindo unha distancia de 16 200 km.[10] O 767-200ER foi mercado por operadores internacionais que buscaban avión de fuselaxe ancha máis pequenos para rutas longas como de Nova York a Pequín.[10] Entregáronse un total de 121 unidades do 767-200ER.[2] En xullo de 2018 aínda quedaban en servizo 21 exemplares de pasaxeiros e conversións a cargueiros.[13] Os principais competidores do tipo na súa época eran o Airbus A300-600R e o A310-300.[23]
767-300
editarO 767-300, a primeira versión alongada do avión, entrou en servizo con Japan Airlines en 1986.[21] O tipo conta cunha extensión da fuselaxe de 6,43 m sobre o 767-200, conseguido por seccións adicionais insertadas antes e despois das ás, conseguindo unha lonxitude total de 54,9 m.[15] Reflectindo o potencial de crecemento do deseño orixinal do 767, as ás, motores, e meirande parte dos sistemas non se modificaron para o 767-300.[15] Unha porta de saída no centro da cabina opcional colócase diante das ás no lado esquerdo,[3] e posteriormente estiveron dispoñibles os motores máis potentes Pratt & Whitney PW4000 e Rolls-Royce RB211.[23] A maior capacidade do 767-300 usouse para rutas de alta densidade dentro de Asia e Europa.[24] O 767-300 fabricouse de 1986 ata 2000, e entregáronse un total de 104 unidades do modelo.[2] En xullo de 2018 había 34 exemplares en servizo.[13] O seu principal competidor foi o Airbus A300.[23]
767-300ER
editarO 767-300ER, a versión de rango estendido do 767-300, entrou en servizo con American Airlines en 1988.[21] O aumento de alcance foi posible pola maior capacidade de combustible e un maior MTOW de 185 000 kg.[23] Melloras no deseño permitiron o incremento do MTOW ata os 187 000 kg en 1993.[23] Pode equiparse con motores Pratt & Whitney PW4000, General Electric CF6, ou Rolls-Royce RB211.[23] O 767-300ER ten tres configuracións de saídas: a configuración de base ten catro portas principais de cabina e catro saídas sobre as ás; a segunda configuración ten seis saídas principais e dúas sobre as ás; e a terceira ten seis portas principais e dúas máis pequenas detrás das ás.[3] Unha ruta típica do tipo é Os Ánxeles-Frankfurt. A combinación de maior capacidad de alcance ofrecida polo 767-300ER foi atractiva tanto para operadores que xa tiñan o 767 como para novas aeroliñas.[4] É a versión máis exitosa do avión, con máis pedidos que todas as demais variantes xuntas.[25] En novembro de 2017 entregáranse un total de 583 767-300ER.[2] Había 376 exemplares en servizo en xullo de 2018. O principal competidor do tipo é o Airbus A330-200.[26]
767-300F
editarO 767-300F, a versión de carga de produción do 767-300ER, entrou en servizo con UPS Airlines en 1995.[27] O 767-300F pode transportar 24 palés estándar de 220 por 320 cm na súa bodega principal e ata 30 dispositivos de carga LD2 na bodega inferior,[3] cun total de volume de carga de 438 m3.[28] O cargueiro ten unha porta principal de carga e saída de tripulación,[5] mentres que a bodega inferior ten dúas postas de carga en estribor e unha en babor.[3] Unha versión de mercado xeral con sistemas de manexo de carga a bordo, capacidade de refrixeración e instalacións para a tripulación entregouse a Asiana Airlines o 23 de agosto de 1996.[29] En agosto de 2019 entregáranse 161 767-300F, e 61 avións estaban pendentes de entrega.[2] En xullo de 2018 había 222 unidades de cargueiros e conversións a cargueiro en servizo.[13]
En xuño de 2008, All Nippon Airways recibiu o primeiro 767-300BCF (Boeing Converted Freighter), un modelo de pasaxeiros modificado para carga.[30] O traballo de conversión foi realizado en Singapur por ST Aerospace Services, a primeira compañía en ofrecer un programa de conversión 767-300BCF,[30] e implicaba a adición dunha porta principal de carga, chan reforzado, e equipamento de monitorización de carga e seguridade.[6] Dende entón, Boeing, Israel Aerospace Industries, e Wagner Aeronautical tamén ofreceron programas de conversión para avións da serie 767-300.[31]
767-400ER
editarO 767-400ER, o primeiro reactor de fuselaxe ancha de Boeing produto de dous alongamentos da fuselaxe,[32] entrou en servizo con Continental Airlines no ano 2000.[21] O tipo conta cun alongamento de 6,43 metros con respecto ao 767-300, dando unha lonxitude total de 61,3 m.[33] A envergadura incrementouse tamén 4,36 m coa adición de puntas de á inclinadas.[29] A configuración de saída usa seis saídas principais e dúas máis pequenas tras as ás, semellante á dalgúns 767-300ER.[3] Outras diferenzas son unha cabina de mando actualizada, un tren de aterraxe redeseñado, e un interior do estilo do 777.[34] A potencia é proporcionada polos motores mellorados General Electric CF6.[6]
A FAA outorgou a aprobación ao 767-400ER para operar voos ETOPS de 180 minutos antes da súa entrada en servizo.[35] Debido a que a súa capacidade de combustible non aumentou con respecto a modelos anteriores, o 767-400ER ten un alcance de 10 418 km,[36] menos que anteriores 767 de rango estendido.[37] Non se desenvolveu ningunha versión 767-400.
O 767-400ERX de maior alcance ofreceuse en xullo de 2000[38] antes de cancelarse un ano despois,[39] deixando ao 767-400ER como única versión do 767 máis longo.[40] Boeing retirou o 767-400ER e o -200ER da súa lista de prezos en 2014.[41]
Entregáronse un total de 37 767-400ER aos dous clientes do modelo, Continental Airlines (agora fusionada con United Airlines) e Delta Air Lines.[2] As 37 unidades do -400ER aínda estaban en servizo en xullo de 2018.[13] Fabricouse unha unidade máis como banco de probas militar, e despois vendido como transporte VIP.[42] O seu principal competidor é o Airbus A330-200.[43]
Notas
editar- ↑ Boeing (ed.). "Pedidos e entregas do 767". Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2015. Consultado o 25 de setembro de 2014.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "Boeing: Commercial". www.boeing.com. Consultado o 2022-02-18.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 "767 Airplane Characteristics for Airport Planning" (PDF). Boeing. Consultado o 18 de febreiro de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Eden 2008, pp. 104-105
- ↑ 5,0 5,1 Kane 2003, p. 555
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 "Federal Aviation Administration Type Certificate Data Sheet A1NM" (PDF). FAA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de xaneiro de 2022. Consultado o 18 de febreiro de 2022.
- ↑ 7,0 7,1 "Planes − Travel information − American Airlines". www.aa.com. Consultado o 2022-02-18.
- ↑ "Continental Airlines - Boeing 767-200ER". web.archive.org. 2011-08-05. Archived from the original on 05 de agosto de 2011. Consultado o 2022-02-18.
- ↑ 9,0 9,1 "DOC 8643 - Aircraft Type Designators". www.icao.int. Consultado o 2022-02-18.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 10,3 Eden 2008, pp. 102-103
- ↑ 11,0 11,1 11,2 Davies 2000, pp. 88-89
- ↑ Haenggi 2003, pp. 38-40
- ↑ 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 "World Airline Census 2018". Flightglobal. 21 de agosto de 2018.
- ↑ Becher 1999, p. 175
- ↑ 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 Norris & Wagner 1998, p. 163
- ↑ 16,0 16,1 "Boeing enters UPS bidding with 767 'Special Freighter'". Flight Global (en inglés). Consultado o 2022-02-19.
- ↑ "Supplemental Type-Certificate Data Sheet" (PDF). EASA. Consultado o 19 de febreiro de 2022.
- ↑ "Boeing KC-46 Tanker Program Receives FAA Certification for its 767-2C Aircraft". MediaRoom. Consultado o 2022-02-18.
- ↑ "U.S. Air Force Accepts First Boeing KC-46A Pegasus Tanker Aircraft". MediaRoom. Consultado o 2022-02-18.
- ↑ "Boeing wins $2.1bn for 15 more KC-46A tankers, points to battle communications role". FlightGlobal. Consultado o 18 de febreiro de 2022.
- ↑ 21,0 21,1 21,2 21,3 "Boeing: Commercial Airplanes -- The Boeing 767 Family -- 1,000 Strong and Counting". web.archive.org. 2011-08-21. Archived from the original on 21 de agosto de 2011. Consultado o 2022-02-19.
- ↑ Aircraft fuel systems. Chichester, West Sussex, U.K.: Wiley. 2008. ISBN 978-0-470-05947-0. OCLC 647811907.
- ↑ 23,0 23,1 23,2 23,3 23,4 23,5 Eden 2008, pp. 103-104
- ↑ Birtles 1999, pp. 62, 90-95
- ↑ Haenggi 2003, p. 43
- ↑ "FLUG REVUE Datafiles: Airbus A330-200". web.archive.org. 2001-02-18. Archived from the original on 18 de febreiro de 2001. Consultado o 2022-02-19.
- ↑ Becher 1999, p. 178
- ↑ "Boeing: 767". www.boeing.com. Consultado o 2022-02-19.
- ↑ 29,0 29,1 Eden 2008, p. 105
- ↑ 30,0 30,1 "ST Aero delivers world's first 767-300BCF to All Nippon Airways". web.archive.org. 2008-06-19. Archived from the original on 19 de xuño de 2008. Consultado o 2022-02-19.
- ↑ Sobie, Brendan. "Wagner plans to launch 767 cargo conversion programme". Flight Global (en inglés). Consultado o 2022-02-19.
- ↑ Norris & Wagner 1999, p. 114
- ↑ Norris & Wagner 1999, p. 120
- ↑ Norris & Wagner 1999, pp. 119-120, 123
- ↑ "Boeing 767-400ER gets FAA clearance". web.archive.org. 2013-09-29. Archived from the original on 29 de setembro de 2013. Consultado o 2022-02-19.
- ↑ "Introducing the 767-400 Extended Range Airplane". www.boeing.com. Consultado o 2022-02-19.
- ↑ "Long players". web.archive.org. 2013-09-25. Archived from the original on 25 de setembro de 2013. Consultado o 2022-02-19.
- ↑ "The Newest Boeing 767 Is Inspired By The Future - Introducing The Boeing 767-400ER". MediaRoom. Consultado o 2022-02-19.
- ↑ "Boeing Sonic Cruiser ousts 747X". Flight Global (en inglés). Consultado o 2022-02-19.
- ↑ Frawley 2001, p. 63
- ↑ "Boeing Drops the 767-200ER and 767-400ER from its Pricing List: the End of an Era - Airchive". web.archive.org. 2016-07-08. Archived from the original on 08 de xullo de 2016. Consultado o 2022-02-19.
- ↑ "Bahrain acquires 767-400ER testbed for VIP use". web.archive.org. 2009-01-30. Archived from the original on 30 de xaneiro de 2009. Consultado o 2022-02-19.
- ↑ "FLUG REVUE Datafiles: Boeing 767-400ER". web.archive.org. 2008-05-13. Archived from the original on 13 de maio de 2008. Consultado o 2022-02-19.
Bibliografía
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Boeing 767 |
- Becher, Thomas (1999). Boeing 757 and 767. Marlborough, Wiltshire: Crowood Press. ISBN 1-86126-197-7.
- Birtles, Philip (1999). Modern Civil Aircraft: 6, Boeing 757/767/777. 3rd ed.. London: Ian Allan Publishing. ISBN 0-7110-2665-3.
- Davies, R.E.G. (2000). TWA: an airline and its aircraft. McLean, Virginia: Paladwr Press. ISBN 1-888962-16-X.
- Eden, Paul, ed. (2008). Civil Aircraft Today: The World's Most Successful Commercial Aircraft. Silverdale, Washington: Amber Books Ltd. ISBN 978-1-84509-324-2.
- Haenggi, Michael (2003). 767 Transatlantic Titan. "Boeing Widebodies" series. Osceola, Wisconsin: Motorbooks International. ISBN 0-7603-0842-X.
- Kane, Robert M. (2003). Air Transportation 1903–2003. 14th ed.. Dubuque, Iowa: Kendall Hunt Publishing. ISBN 978-0-7872-8881-5.
- Norris, Guy; Wagner, Mark (1998). Boeing. Osceola, Wisconsin: MBI Publishing. ISBN 0-7603-0497-1.
Este artigo sobre aviación é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |