Boeing 2707
O Boeing 2707 foi o primeiro proxecto para un transporte supersónico (SST polas súas siglas en inglés) estadounidense. Despois de gañar unha competición para un contrato financiado polo goberno para construír un SST, Boeing comezou a desenvolvelo nas súas instalacións de Seattle, Washington. O deseño xurdiu como un avión grande cunha capacidade entre 250 e 300 pasaxeiros e unha velocidade de cruceiros de aproximadamente Mach 3. Tería sida máis grande e rápido que anteriores deseños de SST como o Concorde.
Boeing 2707 | |
---|---|
Tipo | transporte supersónico |
Deseñado por | Boeing |
Estado | cancelado |
O SST foi un tema de gran preocupación dentro da industria aeronáutica. Dende o inicio, as aeroliñas destacaran que a economía do deseño era cuestionable, e as súas preocupacións só se abordaron parcialmente durante o seu desenvolvemento. Fóra deste campo, todo o concepto do SST foi obxecto dunha considerable prensa negativa, centrada no tema dos estoupidos sónicos e os efectos na capa de ozono.
Unha característica clave no deseño do 2707 foi o uso dunha á de xeometría variable (swing wing). Durante o desenvolvemento o peso e tamaño do seu mecanismo continuou medrando, forzando ao equipo a comezar novamente usando unha á delta convencional. O aumento dos custos e a falta dun mercado claro para o aparello levaron á súa cancelación en 1971, antes de que se completasen os seus dous prototipos.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Boeing 2707 |
Bibliografía
editar- Conway, Erik (2005). High-Speed Dreams: NASA and the technopolitics of supersonic transportation. JHU Press.
- Edelman, Susan (1991). "The American Supersonic Transport". The Technology Pork Barrel. Archived from the original on 09 de outubro de 2016. Consultado o 22 de febreiro de 2022.
Este artigo sobre aviación é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |