[go: up one dir, main page]

Boado, Mesía

parroquia civil do concello de Mesía

Santiago de Boado[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Mesía. Segundo o INE en 2023 tiña 117 habitantes (57 homes e 60 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 215 habitantes.

Boado
Igrexa parroquial de Santiago.
ConcelloMesía[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°02′10″N 8°11′34″O / 43.0361, -8.1929
Área7,53 km²
Poboación117 hab. (2023)
Densidade15,54 hab./km²
Entidades de poboación12[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio

editar

No lugar do Castro existen restos dun antigo castro distínguese as medorras que o formaban.

A igrexa parroquial de Santiago de Boado data de 1770, no exterior ten uns vistosos pináculos coroando unha espadana.

Festas

editar
  • Santiago Apóstolo o 25 e 26 de xullo.
  • Virxe do Rosario, na primeira fin de semana de outubro.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Boado

editar
Lugares da parroquia de Boado no concello de Mesía (A Coruña)

Aldín | Barcia | Barreiro | O Castro | O Espadanedo | Fontorto | Gandarela | A Igrexa | Lagares | O Outeiro | O Pazo | O Vilar

Parroquias de Mesía

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Mesía

Albixoi (Santa Mariña) | Bascoi (Santiago) | Boado (Santiago) | Bruma (San Lourenzo) | Cabrui (San Martiño) | Castro (San Sebastián) | Cumbraos (Santa María) | Lanzá (San Mamede) | Mesía (San Cristovo) | Olas (San Lourenzo) | Visantoña (San Martiño) | Xanceda (San Salvador)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar