Biella
Biella (Bièla, en piemontés) é un concello italiano, capital da provincia homónima, na rexión de Piemonte. Ten 46.126 habitantes (en 2007) e esténdese por unha área de 46,68 km², cunha densidade de poboación de 988 hab/km².
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Italia | ||||
Rexión | Piemonte | ||||
Provincias | Provincia de Biella | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 42.619 (2023) (912,81 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 46,69 km² | ||||
Altitude | 420 m | ||||
Comparte fronteira con | Andorno Micca (pt) Sordevolo (pt) Campiglia Cervo (pt) Sagliano Micca (pt) Tollegno (pt) Gaglianico (pt) Zumaglia (pt) Pollone (pt) Ronco Biellese (pt) Ponderano (pt) Fontainemore (pt) Candelo (pt) Pralungo (pt) Occhieppo Inferiore (pt) Pettinengo (pt) Occhieppo Superiore (pt) Vigliano Biellese (pt) | ||||
Santo padrón | Estevo Mártir | ||||
Organización política | |||||
Membro de | Rede de cidades creativas (2019–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 13900 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 015 | ||||
Identificador ISTAT | 096004 | ||||
Código catastral italiano | A859 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | comune.biella.it |
Xeografía
editarBiella está situada aos pés dos prealpes bielleses. A conexión ás grandes vías de comunicación do norte de Italia está garantida grazas á estrada estatal 142 Biellese e as autoestradas A4 Torino-Milán, A5 Torino-Aosta e A26 Xénova-Gravellona Toce.
No concello limítrofe de Cerrione está localizado un pequeno pero ben equipado aeroporto turístico.
Economía
editarA economía de Biella está tradicionalmente ligada ao sector téxtil, e en particular a lá. A elaboración da lá ten orixes antigas e o seu desenvolvemento determinou o tecido económico da área, con grandes e importantes empresas do sector, entre as que cabe lembrar, pola importancia que aínda manteñen, o grupo Ermenegildo Zegna ou o grupo Cerruti 1881.