[go: up one dir, main page]

Bergondo

concello da comarca da Coruña, na provincia da Coruña

Bergondo é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca da Coruña. Limita cos concellos de Sada, Paderne, Abegondo, Cambre e Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 6702 habitantes (6696 no 2009, 6540 no 2007, 6539 no 2006, 6495 no 2005, 6413 no 2004). O xentilicio é bergondés.[1]

Modelo:Xeografía políticaBergondo
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°19′10″N 8°14′02″O / 43.319444444444, -8.2338888888889
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor en Wikidata
CapitalCarrio Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación6.951 (2023) Editar o valor en Wikidata (211,6 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie32,85 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico e Ría de Betanzos Editar o valor en Wikidata
Altitude68 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataAlejandra Pérez Máquez (2008–) Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Bergondo Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15165 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE15008 Editar o valor en Wikidata

Páxina webconcellodebergondo.com Editar o valor en Wikidata

Xeografía

editar

Demografía

editar

Evolución da poboación de Bergondo dende 1900:

Fonte: Instituto Nacional de Estadística, INE 1857-2011

Censo total 2014 6702 habitantes
Menores de 15 anos 797 (11,89 %)
Entre 15 e 64 anos 4171 (62,23 %)
Maiores de 65 anos 1734 (25,87 %)
Evolución da poboación de Bergondo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5869 5597 6003 5293 6413 6696 6712
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Cultura

editar

Toponimia

editar

A orixe e o significado do nome de Bergondo son controvertidos. Aínda que algúns autores cren que pode derivar dun nome persoal de orixe xermánica, outros inclúeno entre os topónimos prerromanos compostos cun segundo elemento -gondo (coma Abegondo, Beigondo, Mabegondo...).[2] Fai referencia ao rei Brigo ou a unha elevación montañosa: berg. O topónimo de Lubre, un dos lugares do concello, puidera ser o bosque sagrado dos celtas[3].

O primeiro documento no que se cita o topónimo Bergondo está datado en 1138 como 'Burgundium'. O abade Recendus de Burgundio confirma a doazón feita polo Conde de Traba á súa filla Urraca. Urraca no seu testamento de 1193 deixa o mosteiro chamado Bergondo.

Patrimonio

editar

Patrimonio arqueolóxico

editar

Existen numerosos castros no concello:

  • Castro de Rebodero na parroquia de Ouces
  • Bergondiño na de Bergondo
  • Os Fornos, en San Xoán de Lubre
  • Carrio (Bergondo)
  • Santa Marta de Babío
  • San Fiz de Vixoi
  • Montecelo
  • Pazos en Moruxo
  • Castro do Monte da Fame en Guísamo

Patrimonio arquitectónico

editar

A Igrexa de San Salvador de Bergondo de estilo románico, que foi construída na segunda metade do século XII, pertencía ao mosteiro bieito de San Salvador de Bergondo. Sobre a súa proporcionada planta basilical desenvólvense tres naves e tres ábsidas semicirculares. Despois dun incendio que provocou o afundimento da cuberta, fixéronse as reformas na segunda metade do século XIV. Na fachada principal destacan os dous robustos contrafortes e as arquivoltas, apoiadas en dous pares de columnas, que enmarcan un tímpano decorado con arcos de medio punto.

Patrimonio cultural

editar
Museos:

Patrimonio natural

editar
Praias:

Economía

editar

O concello ten unha importante base económica como periferia da cidade da Coruña por estar preto de Betanzos e o camiño de Santiago, e por ser lugar de paso da estrada N-VI e da autovía A-6. As súas boas comunicacións fan do polígono de Bergondo o núcleo económico do concello. Dende o século XVII coa ligazón coa cidade de Betanzos por concesión de cidadanía é un concello con sona de bos xoieiros. En Bergondo están algunhas das máis importantes fábricas de xoias de Galicia como Balcarsa, Unión Joyera ou Annique. Bergondo é coñecido como a xoia das Mariñas.

Política

editar

Eleccións municipais de 2019

editar
Partido Político Diferenza en escanos Votos Escanos
PSdeG-PSOE +1 1518
6 / 13
PPdeG +1 1090
4 / 13
Alternativa dos Veciños novo 740
2 / 13
BNG +1 404
1 / 13

Galería de imaxes

editar
Artigo principal: Galería de imaxes de Bergondo.

Parroquias

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Bergondo

Bergondo (San Salvador) | Cortiñán (Santa María) | Guísamo (Santa María) | Lubre (San Xoán) | Moruxo (San Vicente) | Ouces (San Xoán) | Rois (Santa Mariña) | Santa Marta de Babío (Santa Marta) | Vixoi (San Fiz)

Lugares de Bergondo

editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Bergondo vexa: Lugares de Bergondo.

  1. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 42. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  2. Navaza, Gonzalo (2021). Os nomes dos concellos da provincia da Coruña. Real Academia Galega. p. 18. ISBN 978-84-17807-09-2. 
  3. "Historia, Concello de Bergondo". Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2014. Consultado o 31 de xullo de 2014. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar