Berdoias, Vimianzo
San Pedro de Berdoias[1] é unha parroquia que se localiza no suroeste do concello coruñés de Vimianzo na comarca da Terra de Soneira. Segundo o IGE en 2018 tiña 223 habitantes (112 mulleres e 111 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 332 habitantes.
Berdoias | |
---|---|
Concello | Vimianzo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°03′27″N 9°05′09″O / 43.05759722, -9.08585556 |
Poboación | 226 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 11[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarA Casota de Freáns é un dolmen, bo exemplo do megalitismo en Galicia. Nel pódense observar abundantes gravados, coviñas e algún elemento cruciforme, mostra da vontade de cristianización do megálito.
A capela de Santa Cristiña sitúase na aldea de Santa Cristiña, a carón dunha fonte sagrada. No chan do altar hai un pequeno receptáculo de forma rectangular cheo de terra á que se lle atribúen calidades curativas para as vacas. A tradición manda coller un puñado de terra e colgala ó pescozo das vacas durante nove días. Deste xeito a vaca estará libre de enfermidades e terá bos partos. Unha vez pasado este período de tempo, a terra debe ser devolta á ermida, e seguindo a tradición débese dar un donativo á santa a cambio do servizo prestado. No ano 2024 un tractor derrubou co seu remolque parte da ermida.[2] A aldea de Pedra do Frade debe o seu topónimo a unha lenda, segundo a cal un frade refuxiouse no alto dunha pedra para evitar o ataque dos lobos. Porén, alí foi devorado, estando na actualidade o lugar sinalizado cun cruceiro.
Lugares e parroquias
editarLugares de Berdoias
editarLugares da parroquia de Berdoias no concello de Vimianzo (A Coruña) | |
---|---|
Berdoias | Boallo | A Bouza | A Casanova | Castrobuxán | Grixoa | Pedra do Frade | O Petón | Rego dos Podres | Romar | Santa Cristiña |
Parroquias de Vimianzo
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ S. G. Rial (20 de abril de 2024). "Un tractor derruba unha parte da capela centenaria de Santa Cristina, en Berdoias". La Voz de Galicia.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Lema Suárez, Xosé Mª (2006). Onomástica histórica dunha parroquia galega: Berdoias (1607-2000) (PDF). I. Os nomes masculinos. Santiago de Compostela: Asociación Galega de Onomástica. ISBN 84-611-2956-3. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xullo de 2020. Consultado o 04 de xullo de 2020.