Beiro, Ourense
parroquia civil do concello de Ourense
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Beiro.
Santa Baia de Beiro é unha parroquia situada ao norte do concello de Ourense, a 8 km da capital. Segundo o IGE en 2014 tiña 269 habitantes (133 homes e 136 mulleres), distribuídos entre 8 entidades de poboación, o que supón un aumento con respecto ao ano 1999 cando tiña 218 habitantes. Entre 1836 e 1943 pertenceu ao Concello de Canedo.
Beiro | |
---|---|
Igrexa de Santa Baia de Beiro. | |
Concello | Ourense[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°23′02″N 7°54′10″O / 42.383758333333, -7.9026888888889 |
Área | 7,04 km² |
Poboación | 269 hab. (2014) |
Densidade | 38,21 hab./km² |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarA igrexa parroquial é de arquitectura románica.[2] O seu tímpano orixinal está nunha casa particular de Turei.
Desta parroquia foi titular o líder agrarista Basilio Álvarez.
Galería de imaxes
editar-
O tímpano da igrexa está na casa dun veciño, no lugar de Turei.
Lugares e parroquias
editarLugares de Beiro
editarLugares da parroquia de Beiro no concello de Ourense | |
---|---|
Beiro | A Caveanca | Chantada | A Eirexa | Madrosende | Regoalde | Sas | Turei |