Barizo, Malpica de Bergantiños
San Pedro de Barizo[1] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Malpica de Bergantiños, na costa da Morte. Segundo o IGE en 2018 tiña 292 habitantes (147 homes e 145 mulleres) distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 327 habitantes. Fernando Cabeza Quiles opina que Barizo debería escribirse con v, de acordo coa orixe deste topónimo, que, segundo o devandito lingüista, alude á antiga existencia no lugar dun piñeiro varizo ou variço, isto é, dun piñeiro novo alto e delgado.
Barizo | |
---|---|
Punta Nariga. | |
Concello | Malpica de Bergantiños[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°18′25″N 8°51′47″O / 43.307, -8.863 |
Poboación | 292 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 19[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarDestacan varios núcleos de poboación ou lugares: O Campelo, O Quinteiro, O Pividal, Seiruga e Bareango, este último máis afastado do resto. Ten ademais o porto pesqueiro dos Loureiros, que contaba cunha singular poboación de casetas mariñeiras onde a xente do mar gardaba aparellos de pesca e outras cousas, ampliado nos anos noventa. A antiga rampla foi substituída por un pequeno dique de atraque, hoxe en día segue sendo usado polos mariñeiros e polos percebeiros que traballan nas illas Sisargas.
Ten catro praias. Está atravesada polo río Vaa e os regatos de San Pedro e das Moas. Conta tamén con furnas mariñas, pichos de auga, e restos castrexos.
Galería de imaxes
editar-
Porto de Barizo
-
Cruceiro de Barizo.
Lugares e parroquias
editarLugares de Barizo
editarLugares da parroquia de Barizo no concello de Malpica de Bergantiños (A Coruña) | |
---|---|
A Area Pequena | Bareango | O Campelo | A Casa Grande | O Castro | A Costa | Esteiro | As Garzas | Os Macicos | A Pedreira | O Pibidal | O Picho | O Porto de Barizo | O Quinteiro | O Relanzo | Seiruga | Socampelo | Sorealto | Os Vilares |
Parroquias de Malpica de Bergantiños
editar
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Parroquias de Barizo, Mens e Vilanova. Andando por Bergantiños. Instituto de Estudos Bergantiñáns. 2012.