Baralla
Baralla é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o IGE en 2014 tiña 2774 habitantes (2889 no 2011, 2955 no 2009, 3100 no 2006, 3134 no 2005, 3193 no 2004, 3242 no 2003). O xentilicio é barallés.[1]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Lugo | ||||
Capital | Baralla | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.484 (2023) (17,62 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 141 km² | ||||
Altitude | 500 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Miguel González Piñeiro (2019–) | ||||
Eleccións municipais en Baralla | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 27680 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 27901 | ||||
Xeografía
editarO concello recibe o nome da súa capital, que se sitúa na N-VI, eixo vertebrador das comunicacións no concello. Baralla sitúase no extremo oriental da Meseta Lucense e fai de transición coas Serras Orientais, pasando dos 600 metros de altitude aos 900. Os lugares máis altos atópanse na Serra de Picato (844 m), Serra do Galo (754 m), Rañadoiro (901 m), Penas da Cabra (943) e Serra da Lagoa (759 m). O río Neira é a vía fluvial máis importante.
A temperatura media anual é de 10 °C, oscilando entre os 3 °C do inverno e os 19 °C do verán. Recibe precipitacións abondosas, con frecuencia en forma de neve.
Demografía
editarCenso total | 2488 (2022) |
Menores de 16 anos | 166 (6,68 %) |
Entre 16 e 64 anos | 1338 (53,90 %) |
Maiores de 65 anos | 978 (39,40 %) |
Evolución da poboación de Baralla Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
5955 | 6345 | 7198 | 4484 | 3193 | 2955 | 2889 | 2834 | 2798 | 2774 | 2724 | 2660 | 2630 | 2566 | 2556 | 2482 | 2445 | 2436 | 2484 |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Historia
editarDa época castrexa fican os castros de Lebruxo, Berselos e o de Santa Cruz (Sobrado de Picato).
Orixe do concello
editarTrala división territorial de España en 1833 constituíronse os concellos de Neira de Rei e Neira de Xusá, mais en 1840 o primeiro integrouse no segundo. Até 1975 tivo como nome oficial en castelán Neira de Jusá, mais por acordo da corporación municipal de 1974, adoptouse como nome do concello o da súa capital, Baralla.
En Baralla editáronse os periódicos El Eco de Neira (1913) e El Fundador (1914).
Cultura
editarToponimia
editarSegundo Menéndez Pidal, o topónimo Baralla procede do latín vara, varale, varal e varalia 'sebe de traveseiros', cun significado toponímico comparable ó de Cerca, Cercado, Valada ou Valadares. En 1125 consta baixo as denominacións de [in valle de] Pineira, ripa de Neira, villa que vocitant Baralia, in ripa de Neira ou villa vocitata Baralia.
Economía
editarO 60 % da poboación dedícase ao sector primario, ocupándose en explotacións mixtas con gandería, aproveitamento forestal e agricultura. Destaca a gandería, especialmente de vacas de carne e leite, ademais dos porcos, ovellas e cabras. Hai algúns serradoiros e algo de construción. A poboación está envellecida e nótase a proximidade de Lugo.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Baralla.
-
Panorámica da vila de Baralla
-
Mapa das parroquias de Baralla
-
Río de Baralla.
-
Bosque autóctono.
-
Fonte na praza Maior.
-
Igrexa parroquial de Baralla.
-
Placa altimétrica na casa do concello.
-
Estado da casa do concello pouco tempo despois do atentado do 2014.
Parroquias
editarSegundo o Nomenclátor de Galicia, o concello de Baralla ten 28 parroquias.
Lugares de Baralla
editarPara unha lista completa de todos os lugares do concello de Baralla vexa: Lugares de Baralla.
Notas
editar- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 41. ISBN 978-84-8158-706-7.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baralla |