Bando, Santiago de Compostela
Santa Eulalia de Bando[1] é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela. Segundo o IGE en 2018 tiña 941 habitantes (524 mulleres e 417 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1 022 habitantes.
Bando | |
---|---|
Igrexa de Santa Eulalia de Bando. | |
Concello | Santiago de Compostela[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°53′37″N 8°29′15″O / 42.8935, -8.4874 |
Área | 8,35 km² |
Poboación | 942 hab. (2019) |
Densidade | 112,81 hab./km² |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarÉ unha parroquia de perfil irregular de montes suaves como o Monte do Gozo. Nesta parroquia nace o río Sar.
En Bando están situadas as instalacións da Televisión de Galicia, da Televisión Española en Galicia e da Radio Galega, amais do refuxio municipal de animais.
Historia
editarNo Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz, indícase[2]:
BANDO (STA. EULALIA DE): freg. na prov. d'A Coruña (10 leg.), dioc. e part. xud. de Santiago (1), e conc. de Conxo:[3] SIT. a un lado do camiño carreteiro de Lugo a Santiago nunha chaira ben ventilada, o seu CLIMA é temperado e san; comprende os l. de Bando de Abaixo, Bando de Arriba, Pousada e Godos, San Marcos e Zaramacedo,[4] que reúnen 29 CASAS de pouca altura e mesquiña distribución interior. A igr. parr. (Sata. Eulalia), está servida por 1 curato de oposición, que se provía polo extinguido most. bieito[5] de San Martiño[6] da c. de Santiago; o cemiterio atópase no adro da igr., pero non prexudica á saúde pública; o TERM. esténdese a 1 leg. de N. ao S. e pouco menos L. ao O.: confina polo N. con San Paio de Sabugueira;[7] ao L. con Santa Baia de Vigo e Santa María de Lamas;[8] polo S. con San Martiño de Aríns;[9] e polo O. con San Fiz de Fóra de Santiago;[10] o TERREO participa de monte escaso de arboredo, e de 70 fan. destinadas ao cultivo, e fertilizadas por 2 regatos que deben a súa orixe ás fontes que nacen no mesmo termo; os CAMIÑOS son locais e maos, pero ligan co que dixemos cruza de Lugo a Santiago; na adm. desta c. recibe o CORREO tres veces á semana; PROD.: trigo, maínzo, patacas, poucos legumes, combustible e pastos; cría gando vacún, lanar, cabalar e de cerda; e caza de perdices, lebres, coellos, xabarís, lobos e raposos; IND.: a agrícola, 4 muíños fariñeiros e o carboneo; concorren co sobrante das súas colleitas, a caza, carbón e leña aos mercados de Santiago; POBO.: 28 vec., 170 alm.: CONTR. co seu concello. (V.).
Patrimonio
editarDestaca a existencia de significativas mostras de patrimonio prehistórico, como o Castro de Bando ou o Dolmen de Zaramacedo.
Pola parroquia pasa o Camiño Francés, a ruta principal do Camiño de Santiago, nunha das súas últimas partes. Dende o Monte do Gozo, no lugar de San Marcos, tradicionalmente se podían enxergar por vez primeira as torres da catedral. Actualmente existe unha capela adicada a San Marcos, un monumento en homenaxe á visita de Xoán Paulo II e un complexo de albergues de peregrinos. Tamén hai neste recinto un auditorio ao aire libre, onde se celebran concertos, coma os do festival O Son do Camiño.
Lugares e parroquias
editarLugares de Bando
editarLugares da parroquia de Bando no concello de Santiago de Compostela | |
---|---|
Bando de Abaixo | Bando de Arriba | O Castro | Pousada | San Marcos | Zaramacedo |
Parroquias de Santiago de Compostela
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Madoz, Pascual (1845). "BANDO". Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) I. Madrid. p. 98.
- ↑ «Conjo» no orixinal.
- ↑ «Bando de Abajo, Bando de Arriba, Pousada y Godos, San Márcos y Zarramacedo» no orixinal.
- ↑ «Benitino» no orixinal.
- ↑ «San Martín» no orixinal.
- ↑ «San Pelayo de Sabugueira» no orixinal.
- ↑ «Santa Eulalia de Vigo y Santa Maria de Lama» no orixinal.
- ↑ «San Martin de Arines» no orixinal.
- ↑ «San Felix de Afuera de Santiago» no orixinal.