[go: up one dir, main page]

Bandeira de Exipto

A bandeira de Exipto (en árabe: علم مصر), adoptada o 4 de outubro de 1984, é unha bandeira tricolor consistente en tres franxas horizontais do mesmo tamaño: vermella branca a intermedia e negra; cores da bandeira da Liberación Árabe que data da Revolución Exipcia de 1952. A bandeira tamén conta no centro o emblema nacional, a Aguia de Saladino. No escudo está escrita a lenda en árabe: جمهورية مصر العربية (Gumhūriyyat Miṣr al-ʿArabiyyah, República Árabe de Exipto).

Bandeira de Exipto
Bandeira de Exipto
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción4 de outubro de 1984
Cores     Vermello     Branco     Negro

Deseño

editar

A bandeira está composta por tres franxas horizontais do mesmo tamaño, de cor vermella a superior, branca a central e negra a inferior, as cores do panarabismo. A cor vermella alude á historia do país, está adoptada da bandeira que se usou durante o século XIX, aínda que a orixe dos elementos desta bandeira é otomá. O branco representa a Revolución de 1952 que permitiu a deposición incruenta do rei Farouk I e que acabou coa definitiva proclamación da República tras derrocar a Fuad II ao ano seguinte. A cor negra simboliza a final da opresión que exerceu o colonialismo británico sobre o pobo exipcio. Na parte central da bandeira aparece representado, dentro da franxa de cor branca, o escudo de Exipto.

Historia

editar
 
Estandarte presidencial.

A principios do século XIX Muhammad Ali, wali otomán de Exipto, creou a que se pode considerar como a primeira bandeira nacional do país. Estaba composta por tres medias lúas (símbolo do islam) con tres estrelas de cinco puntas á dereita de cada unha delas, sobre fondo vermello. Existen dúas posibles interpretacións desta bandeira: a primeira defende que significa a vitoria dos Exércitos Exipcios en tres continentes (África, Europa e Asia), mentres que a outra teoría propón que significa a soberanía de Muhammad Ali sobre Exipto, Nubia e o Sudán.

Cando en 1914 o Reino Unido converteu a Exipto nun protectorado (aínda que os británicos xa controlaban en realidade o país desde 1882), non modificou a bandeira existente. En 1922, o Reino Unido recoñeceu a independencia do país, e adoptouse unha nova bandeira, esta vez composta por unha media lúa con tres estrelas sobre fondo verde. En 1952, o Movemento de Oficiais Libres depuxo ao rei Farouk e un ano máis tarde proclamou definitivamente a República. O novo goberno creou unha nova bandeira, formada por tres franxas (vermella-branca-negra) como a actual, pero a aguia portaba unha media lúa e unhas estrelas.

En 1958 Exipto e Siria uníronse, formando a República Árabe Unida. A bandeira do novo Estado era igual que a anterior, pero no canto de escudo tiña dúas estrelas verdes de cinco puntas (que representaban aos dous países). Aínda que a unión desfíxose en 1961, Exipto continuou usando a mesma bandeira até o 1 de xaneiro de 1972, data na que se adoptou unha bandeira moi semellante á actual, pero que contaba con algunhas pequenas diferenzas no deseño do escudo. Esta bandeira estivo en vigor até a adopción da actual en 1984.

Bandeiras históricas

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar