Augardente de Galicia
Augardente de Galicia (Denominación Xeográfica) (en castelán Orujo de Galicia) protexe a augardente elaborada a partir de bagazos de viños colleitados nos viñedos situados no ámbito xeográfico de Galicia.
Os produtos a protexer son: augardentes de bagazo, comercializadas ben no ano da súa obtención ou despois dun período de repouso, e augardentes de bagazo envellecidas que deberán permanecer en envases de madeira durante un período mínimo dun ano.
Son augardentes de aroma e sabor intenso, fino e delicado, exento de elementos estraños; incoloro e de aspecto transparente e limpo nas augardentes de bagazo e ambarino-torrdo nas augardentes envellecidas. A súa graduación alcohólica oscila entre os 37,5 e 50% Vol.
Historia
editarA Denominación Específica Augardente de Galicia é recoñecida en 1989. O primeiro regulamento da denominación específica Augardente de Galicia e do seu consello regulador é aprobado en 1993. O regulamento que actualmente está en vigor foi aprobado pola Xunta de Galicia o 16 de xaneiro de 2012 (orde do 3 de xaneiro de 2012)[1] no que se recollen os cinco produtos amparados: Augardente de Bagazo ou branca (aguardiente de orujo) [2], Augardente de Bagazo Envellecida [2], Augardente de herbas[3], Licor de herbas [4] e Licor café [5].
Territorio
editarA Denominación Específica abrangue todo o territorio de Galiza e todas a variedades de uva amparadas polas cinco denominacións de orixe de viño galegas. Hai, logo, nove subzonas tradicionalmente produtoras, con peculiaridades propias: Ribeiro, Valdeorras, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Monterrei, Val do Miño-Ourense, Betanzos, Ribeira do Ulla e Portomarín.
O ente certificador ten un total de 155 empresas inscritas, das que 131 son produtoras de augardente; 31 destiladoras; 38 elaboradoras/embotelladoras e 75 empresas comercializadoras. A produción rolda os 300.000 litros anuais.
Consello Regulador
editarO Consello Regulador das Indicacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia é o único órgano certificador de destilados de subprodutos viñateiros existente en España. Este órgano avala a calidade e maila orixe da Augardente de bagazo.
Notas
editar- ↑ http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120116/AnuncioC3H1-050112-10774_gl.html
- ↑ 2,0 2,1 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2014. Consultado o 23 de febreiro de 2014.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2014. Consultado o 23 de febreiro de 2014.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2014. Consultado o 23 de febreiro de 2014.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2014. Consultado o 23 de febreiro de 2014.