Augustine Bradshaw
Augustine Bradshaw, nado como John Bradshaw, preto de Worcester, Reino Unido, en 1575 e finado en 1618, foi un monxe beneditino inglés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1575 Worcestershire, Reino Unido (pt) |
Morte | 1618 (42/43 anos) |
Educación | Royal Grammar School Worcester (en) |
Actividade | |
Ocupación | monxe |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography |
Traxectoria
editarOs seus pais eran católicos que rexeitaban converterse ao anglicanismo. Atendeu a Royal Grammar School Worcester (unha "escola libre", isto é, carente de afiliacións relixiosas). O xesuíta Edward Oldcorne mandouno a St. Omer e en 1596 proseguiría a súa educación no Colexio Inglés de Valladolid.
Despois dunha enfermidade, foi mandado en 1599 á Abadía de San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela, onde adoptou o nome de Agustín de San Xohán. Retornou a Inglaterra como misioneiro en 1602, e chegaría a ser Vicario Xeral dos beneditinos ingleses en 1604. Hai noticias contemporáneas á súa vida segundo as cales viaxaba polo condado de Worcestershire baixo o pseudónimo de John White.
Entre os seus logros máis notábeis estiveron a fundación dun mosteiro en Douai e do Colexio de San Gregorio (chamado máis tarde Downside School) en Bath, no suroeste de Inglaterra. Está enterrado en Longueville, preto de Ruán.