[go: up one dir, main page]

As Oiras, Alfoz

parroquia civil do concello de Alfoz

San Mamede das Oiras é unha freguesía do concello de Alfoz. En 2004 tiña 110 habitantes distribuídos en 15 entidades de poboación e 3 lugares, cunha densidade de 12,8 hab./km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 80 habitantes, sendo 36 homes e 44 mulleres.

As Oiras
Igrexa de San Mamede das Oiras.
ConcelloAlfoz[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°29′00″N 7°26′00″O / 43.48333333, -7.43333333
Área8,57 km²
Poboación67 hab. (2019)
Densidade7,82 hab./km²
Entidades de poboación15[1]
editar datos en Wikidata ]

Ten unha superficie de 8,57 km². Limitada ao norte coa parroquia de Lagoa, ao sur coas do Pereiro e Figueiras (do concello de Mondoñedo), ao leste con Adelán e Figueiras, e ao oeste co Pereiro.

Patrimonio

editar

A parroquia pertenceu ao antigo Decanato da Mariña. O seu curato era "de entrada", dotado con 640 reais anuais de renda e de Padroado Real.

A igrexa parroquial de San Mamede das Oiras está situada na aldea da Igrexa. Trátase dun templo reconstruído a comezos do século XX, é de estilo neogótico, cunha soa nave e sancristía situada ao carón da capela maior. Sobre a fachada principal hai unha torre. No interior consérvase un retablo do século XVIII que provén da catedral de Mondoñedo.

O cruceiro das Oiras é un dos numerosos cruceiros da comarca. Do século XIX, está realizado en granito, ten unha cruz que presenta no anverso un Cristo crucificado, e no reverso a Virxe Dolorosa. O capitel ten forma de tronco piramidal, con decoración de volutas. O fuste é octogonal co pedestal cúbico.

Notas

Lugares e parroquias

editar

Lugares das Oiras

editar
Lugares da parroquia das Oiras no concello de Alfoz (Lugo)

Aguillón | As Airas | Arriba do Río | O Cabradoiro | A Igrexa | Insua Nova | Insua Vella | O Leboreiro | O Pazo | A Pena Mosqueira | Rego do Aro | A Ribeira | Río das Donas | A Rúa de Escourido | A Rúa | Sesín | A Trabada | O Xogral

Parroquias de Alfoz

editar
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Alfoz

Adelán (Santiago) | Bacoi (Santa María) | Carballido (San Sebastián) | O Castro de Ouro (San Salvador) | Lagoa (San Vicente) | San Pedro de Mor (San Pedro) | As Oiras (San Mamede) | O Pereiro (Santa María) | O Reirado (Santa María)


Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar