Andújar
Andújar é unha cidade e un concello da provincia de Xaén, en Andalucía (España). Cabeza da comarca da Campiña de Xaén. A poboación do municipio en 2016 era de 37.975 habitantes, sobre un extenso municipio de 957 km², o maior da provincia.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Provincia | Provincia de Xaén | ||||
Capital de | |||||
Capital | Andújar | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 35.788 (2023) (37,41 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 956,7 km² | ||||
Bañado por | Río Guadalquivir | ||||
Altitude | 212 m | ||||
Comparte fronteira con | Baños de la Encina Montoro Cardeña Fuencaliente (pt) Solana del Pino (pt) Marmolejo (pt) Arjona Arjonilla Villanueva de la Reina (pt) Lahiguera (pt) Mestanza (pt) | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Francisco Manuel Huertas Delgado (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 23740 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 23005 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | andujar.es | ||||
Situación xeográfica
editarAndújar está situada ao noroeste da provincia de Xaén, aínda que a capital está na campiña e ás beiras do río Guadalquivir, o territorio municipal setentrional está accidentado pola Serra Morena, que en parte conforma o Parque Natural da Serra de Andújar. O Guadalquivir divide o concello en dúas partes diferentes.
Historia
editarOs restos máis antigos pertencen ao Paleolítico acheulense. En época prerromana localizábase aquí a cidade ibérica de Isturgis, aínda que é un erro repetido identificar Andújar coa antiga Illiturgis, que corresponde a actual Mengíbar (o erro consérvase no xentilicio iliturxitano que se adxudica aínda aos andujareños). Foi o Municipium Isturgi Trumphale dos romanos. A denominación Sturgis perduraba aínda en época visigoda.
A partir de 711, a comarca pasou a formar parte do Al-Ándalus. En 853 reaparece o topónimo coa forma Anduyar, precedente do vixente hoxe. Os almohades, no século XII, fortificaron a cidade. Foi reconquistada por Fernando III de Castela de forma pacífica en 1225. Henrique IV de Castela concedeulle o título de cidade en 1467. Foi ocupada en 1808 polos franceses. En 1823, en ocasión da invasión dos Cen Mil Fillos de San Luís, o duque de Angulema emitiu desde aquí unha orde con obxectivo de que cesasen os movementos liberais. En 1873 declarouse cantón federal.
Lugares de interese
editar- Igrexa de Santa María, do século XV, gótica, con torre que talvez proceda da antiga mesquita sobre a que se levantou o templo cristián. Posúe obra do Greco e de Francisco Pacheco, mestre de Velázquez.
- Igrexa de San Miguel, de estilo gótico.
- Casa do Concello.
- Casa de Don Gómez, palacio urbano de estilo barroco.
- Ponte do Guadalquivir, que se cre que posúe baseamentos romanos.
- Murallas almohades.
Festas
editar- San Eufrasio;
- Romaría da Virxe da Cabeza.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Andújar |