Alt Vinalopó
Alt Vinalopó (en castelán: Alto Vinalopó) é unha comarca situada no noroeste da provincia de Alacant, no País Valenciano. A súa capital e concello máis poboado é Villena.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | Provincia de Alacant | ||||
Capital | Villena | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 52.576 (2022) (81,54 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua castelá (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 644,76 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Xeografía
editarDebe o seu nome a que se atopa xeograficamente no curso alto do río Vinalopó. Limita polo norte coa provincia de Valencia, concretamente coas comarcas de Costera e Vall d'Albaida, ao leste coa comarca do Alcoià, ao sur coa do Vinalopó Mitjà e ao oeste con Castela-A Mancha e a Rexión de Murcia. Ademais, as localidades desta comarca teñen unha relación sociocultural e económica importante coas localidades de Caudete e Almansa, pertencentes á provincia de Albacete.
Concellos
editarConcello | Poboación (20203) | Superficie | Densidade |
---|---|---|---|
Villena | 34 144 | 345,60 | 98,83 |
Sax | 10 072 | 63,50 | 155,26 |
Biar | 3607 | 98,17 | 37,23 |
Salinas | 1733 | 61,70 | 26,26 |
Beneixama | 1697 | 34,89 | 48,44 |
La Canyada | 1210 | 19,32 | 62,53 |
El Camp de Mirra | 442 | 21,80 | 19,13 |
Total | 52 905 | 644,98 | 81,56 |
Lingua
editarOs concellos de Beneixama, Biar, El Camp de Mirra e La Canyada pertencen ao ámbito lingüístico do valenciano, mentres que os concellos de Salinas, Sax e Villena son de predominio lingüístico castelán.