Alce
O alce ou ante (Alces alces) é o máis grande dos cérvidos. Pode chegar ata 2 m de altura e 800 kg de peso. A cor vai do castaño grisallo ao negro; a cor do fociño e as patas é máis clara. Os machos distínguense doutros cérvidos polos seus grandes cornos en forma de pa e ramiformes. Aliméntase de follas e gromos novos, sobre todo de bidueiros e sabugueiros, e plantas acuáticas no verán. No inverno comendo cortizas de árbores e raíces. Pasa gran parte do tempo preto ou dentro da auga e é un bo nadador.
Alce | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Alces alces' (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||
Distribución do alce
|
Habita en América do Norte, Escandinavia, Rusia e Siberia. En Europa estivo en risco de se extinguir, pero na actualidade está a se expandir de novo.
Notas
editar- ↑ Henttonen, H., Stubbe, M., Maran, T. & Tikhonov A. (2008). "Alces alces". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 11 de febreiro de 2009.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Alce |