Alan Shepard
astronauta estadounidense
Alan Bartlett Shepard Jr., nado en Derry, New Hampshire, o 18 de novembro de 1923 e finado o 21 de xullo de 1998, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións Mercury-Redstone 3 e Apollo 14. Foi o primeiro estadounidense en chegar ao espazo.[1][2]
Traxectoria
editarShepard graduouse en ciencias pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1944 e tiña un máster pola faculte Dartmouth en 1962. Foi un dos seleccionados como primeiros candidatos a astronauta pola NASA, en abril de 1959. O 5 de maio de 1961 converteuse no primeiro estadounidense en chegar ao espazo na misión suborbital Mercury-Redstone 3. En 1971 participou como comandante na misión lunar Apollo 14. Pasou un total de 9,01 días no espazo. Faleceu o 21 de xullo de 1998.[1][2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Mark Wade (2021). "Shepard, Alan Bartlett Jr 'Al'" (en inglés). Consultado o 19 de marzo de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 NASA, ed. (setembro de 1998). "ALAN B. SHEPARD, JR. (REAR ADMIRAL, USN, RET.) NASA ASTRONAUT (DECEASED)" (PDF) (en inglés). Consultado o 19 de marzo de 2021.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alan Shepard |