Alonso Berruguete
Alonso Berruguete, nado en Paredes de Nava, Palencia en 1490 e finado en Toledo en 1561, foi un escultor castelán do manierismo, fillo do pintor Pedro Berruguete. Tamén fixo obras pictóricas.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1486 Paredes de Nava, España |
Morte | setembro de 1561 (Gregoriano) (74/75 anos) Toledo, España |
Pintor de cámara | |
Actividade | |
Ocupación | pintor, escultor, arquitecto |
Período de actividade | 1495 (Gregoriano) - 1561 (Gregoriano) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pai | Pedro Berruguete Elvira González |
Descrito pola fonte | Svensk Uppslagsbok (pt) Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Aprendeu pintura e escultura no taller familiar; as súas obras de entón evidencian o contacto cos escultores activos en Castela, fundamentalmente en Burgos, Ávila, Valladolid e Palencia. Desde 1507 estivo en Italia ampliando os seus coñecementos de pintura, principalmente en Florencia, onde debeu chegar cara a 1512. Alí é citado varias veces por Vasari, quen constata os seus contactos con Bramante, Michelangelo e Leonardo da Vinci. Estivo entre os manieristas toscanos discípulos de Andrea do Sarto e hai quen afirma que participou activamente na xénese do manierismo pictórico florentino. Copiou o Laocoonte recentemente descuberto en Roma por encargo de Bramante, e iso fai supor que se aliñaba no grupo rival de Michelangelo Buonarrotti.
Os longos anos de estancia en Italia permitíronlle coñecer profundamente aos mestres do Quattrocento e os modelos da escultura grecolatina clásica; na súa obra hai unha admiración profunda pola obra de Donatello, quen lle inspira algúns tipos, e, desde logo, Miguel Anxo, polos seus volumes rotundos e a atormentada terribilitá da súa obra final. De Leonardo da Vinci aprendeu a individualizar os rostros, a pesar do cal todas influencias confluíron nun estilo moi persoal e un temperamento fortemente expresivo, que se reflicte nas súas figuras dun contorno llameante e anguloso que revive a estética do Gótico. Vasari considera que en Florencia copiou os cartóns de Michelangelo realizados para a decoración da sala do Gran Consello.
Galería de obras
editar-
Martirio de san Sebastián, Museo Nacional de Escultura
-
Sacrificio de Isaac, escultura de madeira policromada parte do retablo do mosteiro de San Benito, en Valladolid, actualmente no Museo Nacional de Escultura de Valladolid
-
Ecce homo, Museo Nacional de Escultura
-
Adoración dos Magos, Museo Nacional de Escultura
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- Camón Aznar, José (1979). Espasa-Calpe, ed. Berruguete. Madrid. ISBN 84-239-4279-1.
- Ricardo de Orueta, Berruguete y su obra, Madrid, 1917. Ed. corrixida e prologada: Madrid, Ministerio de Cultura-Museo Nacional Colexio de San Gregorio, 2011 ISBN 978-84-8181-024-7.
- VV. AA., Museo Nacional Colegio de San Gregorio. Colección / Collection, Madrid, Ministerio de Cultura, 2009. (Ed. bilingüe, Saint Gregory's College National Museum), ISBN 978-84-8181-422-4
- Camón Aznar, José (1979). Espasa Calpe, ed. Berrugete. Madrid. ISBN 84-239-4279-1.
Ligazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alonso Berruguete |